estudantado

Estudantado
SOCIAL

Liga e Comités encetan a construción dunha nova organización estudantil unitaria

As dúas organizacións acordan en senllas asembleas nacionais impulsar un proceso de debate cara ao xurdimento dunha nova organización estudantil "unitaria, aberta, plural e democrática". 

Maxisterio
Comarcas

Estudantes da USC, sen aulas máis dun mes por non se cubriren baixas docentes

Alumnado de Pedagoxía e Educación social da USC denuncia a perda de docencia en dúas materias. Desde a universidade "pasan a bóla duns a outros", apuntan.   

Relixión
REFORMA EDUCATIVA

Rezar e recoñecerse "incapaz", obrigas do estudantado de relixión católica

O BOE fai públicos os currículos escolares da materia para Primaria, Secundaria e Bacharelato. As oracións na aula serán avaliábeis.

#26F GREVE NO ENSINO

A folga estudantil baleira as aulas e enche as rúas polo ensino público

A greve estudantil deixou as aulas baleiras nas universidades e nos centros de ensino medio. Miles de estudantes inundaron as rúas das principais cidades e vilas galegas na defensa dun "ensino público e galego". VÍDEOS NO INTERIOR

GREVE NO ENSINO

Amplo seguimento da folga estudantil nas primeiras horas

[ÚLTIMA ACTUALIZACIÓN 12:50H] Aulas baleiras na universidade e tamén no ensino medio. A piques de comezar as mobilizacións, en Vigo  e Compostela a policía española desenvolveu rexistros e identificacións nos arredores da Praza América e Porta Faxeira. 

26F GREVE NO ENSINO

O estudantado vai á folga para conquistar un ensino "público e galego"

Esta quinta feira (26 de febreiro) o estudantado galego está chamado a unha greve contra os recortes e as reformas educativas. Queren, din, "construír desde as rúas un ensino verdadeiramente público e galego".

folga estudantil 11x12
O ENSINO, CARA Á GREVE DO 26F

Aulas baleiras, estudantado en folga

Organizacións, colectivos e asembleas estudantís chaman á mobilización o 26 de febreiro. É o TEMA DA SEMANA no número 134 de Sermos Galiza.

.
Comarcas

O estudantado de Ribeira consegue horarios de estudo na biblioteca

Após o fechamento reivindicativo o concello abrirá o local de estudo de segundas feiras a sábado.

Cartaz
AGIR, COMITéS E A LIGA ASINARON UN MANIFESTO CONXUNTO

Organizacións e colectivos estudantís convocan folga o 26 de Febreiro

O paro chama o estudantado a defender "o pouco público que queda" e un ensino "popular, científico, antipatriarcal e galego". 

AARON CURBEIRA

"Coa nosa detención queren amedrentar o estudantado"

Conversamos cun dos estudantes detidos o 5 de novembro polos protestos nunha visita de Feijóo á USC. A policía acúsao dun suposto delito de "atentado á autoridade, desobediencia e altercado".

INTERNACIONAL

A policía mexicana detén o exalcalde de Iguala polo asasinato d@s estudantes normalistas

José Luís Abarca foi detido esta terza feira xunto coa súa compañeira, María de los Ángeles Pineda, acusad@s de ordenar a desaparición e asasinato de estudantes normalistas en Mexico o 26 de setembro. 

Tácticas erradas no estudantado

Os enfrontamentos entre estudantes nalgunhas cidades da Galiza, co gallo da folga de tres días, non contribúen á loita contra a LOMCE e non deixan o nacionalismo en bo lugar, mesmo que a convocatoria non fose unitaria, e que ignorase as particularidades fundamentais que neste tema ten a nación galega. 

POLÍTICA

Jesús Vázquez di do protesto de estudantes na USC que foi un "acto fascista"

O conselleiro de Educación pronunciouse nestes termos á saída do CPI Lamas de Abade (Angrois). 

INTERNACIONAL

O crime de estudantes en México, suma de corrupción, narcotráfico e impunidade

A Fiscalía Xeral de México apunta o rexedor de Iguala e a súa compañeira como autores intelectuais do asasinato e desaparición de 43 estudantes en setembro. VÍDEO DUN ESTUDANTE NO INTERIOR.

cartaz_borbon-01
SOCIAL

Os Comités chaman a recibir Felipe VI entre protestos

Coicidindo coa visita do monarca para inaugurar o curso escolar a organización estudantil convoca unha concentración fronte o colexio Ben-Cho-Shey en Pereiro de Aguiar (Ourense).

imaxe da acción da CIG-Ensino contra a reforma educativa do Goberno español
SOCIAL

A Xunta deixa sen praza a 40 estudantes de bacharelato en Ponteareas

Galiza Nova denuncia a responsabilidade da Consellaría de Educación a quen exixen que habilite as aulas necesarias para atender a demanda

cerco
SOCIAL

Seis detid@s en Compostela nunha operación policial a raíz do conflito do cerco

Un mínimo de 6 persoas foron detidas esta segunda feira pola policía española na capital galega. A operación continúa aberta. A policía enmarca os arrestos nun operativo polos incidentes da protesta do sector do cerco en Compostela o pasado 11 de marzo.

GZ Videos
SOCIAL

Acusan de "atentado" a estudantes de Vigo que participaron na folga estudantil do 20F

A Subdelegación do goberno atribúelles delitos de "desordes públicas, atentando, danos e lesións". @s estudantes, menores de idade, afirman que foron identificad@s "unha hora despois" do remate da manifestación. 

Avante a loita do estudantado galego

O pasado 20 de febreiro, as rúas das principais cidades e vilas da Galiza enchéronse de ilusións e berros nunha histórica xornada de loita para rexeitar a lei da wertgoña e os numerosos recortes que sofre o ensino público da man das políticas de Feijóo na Xunta de Galiza e do Partido Popular no goberno español. 

lomce
SOCIAL

En primeira persoa contra a Lomce

Nove estudantes galegos de distintos níveis educativos expoñen as súas motivacións para secundar a folga á cal están chamad@s este 20 de febreiro.