música galega

De Vacas, Sheila Patricia, Guadi Galego e Malvela, todas participarán do ciclo musical pontevedrés. (Foto: Nós Diario)
MÁIS

Alzar a música e as voces por todas

De Guadi a Malvela, os concertos de Con voz de muller retornan a Pontevedra

Desde mañá e até o 4 de agosto Pontevedra, en plena xeira de festas, leva outro ano máis grandes artistas galegas á praza da Ferraría. De cantoras como Guadi Galego a grupos como De Vacas, o ciclo abranguerá actividades para sensibilizar sobre a situación das mulleres na cultura. Todas as actuacións son de balde e cargadas de moito talento e reivindicación. 

Tanxugueiras e Fillas de Cassandra: "Quen é a que canta?"
CULTURA

Tanxugueiras e Fillas de Cassandra: "Quen é a que canta?"

Tanxugueiras e Fillas de Cassandra unen forzas e estrean "Quen é a que canta?". O tema é un canto á nenez e ás relacións de amizade que crecen cómplices entre amigas, mais tamén ao descubrimento deses “monstros” e desas “fadas”. Nela, móstrase á infancia como un lugar tenro e sorpresivo, onde todo é novo e tamén, por ese mesmo motivo, desconcertante. A colaboración supón unha unión artística moi esperada entre dúas das agrupacións musicais máis importantes da Galiza dos últimos tempos