música

Detalle do novo disco das Tanxugueiras, 'Diluvio'. (Foto: Neelam Khan Vela)
star
Música: 'Diluvio', de Tanxugueiras

Testemuña dun cambio

En Diluvio a aposta polos ritmos de fusión xa é completamente decidido: sintetizadores, percusión electrónica e guitarras cobran protagonismo envolvendo unhas letras ateigadas de conciencia social e de reivindicación da identidade feminina e galega. 
Xabier Díaz
Axenda

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre: Levantarse e caer

O norte é case un estado emocional, c seu frío, a auga, a humidade e a música.
Paco Cerdeira
Axenda

Pakolas: Ramona Órbita, a dona do tempo

Pakolas é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para as máis miúdas e miúdos
Inés, Andrea, Estela, Marcela e Xiana son as integrantes do grupo A Banda da Loba (Foto: Nós Diario).
Contracultura

A Banda da Loba: "Queremos crear co público un espazo de transgresión social como foron os lavadoiros"

Inés Mirás, guitarrista de A Banda da Loba, fala do novo disco que o grupo está a presentar este verán. Mirás e as súas compañeiras, Andrea, Estela, Marcela e Xiana, están a levar por toda a Galiza o seu último proxecto, Xabón Lagarta, un traballo persoal e sincero no que as artistas tratan diferentes temáticas de interese social mais tamén as súas propias inquedanzas como grupo musical. Mirás fala da elaboración do disco que, como ela di, busca “rachar coas condutas individualistas que nos queren impor” e apela a volver á tribo.
Wöyza & the Messengers en directo.
star
Música

A mensaxe de Ultramar

A idea non é fusionar estilos musicais, máis ben, fusionar personalidades para facer un proxecto que emana realidade en cada tema.
 
Os Festicultores volven animar as rúas.
Axenda

Arrinca o "Festicultura, o mellor para sandar as amarguras" en Sobrado

Os Festicultores Troupe volverán animar as rúas de Sobrado a partir das 19.00 horas 
A pianista rianxeira estudará música en Manhattan. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Aida Saco: "Existe un espazo para vivir da música, pero, se non se atopa, unha ten que crealo"

Aida Saco, pianista e compositora de Rianxo, acaba de recibir a bolsa Fullbright do Ministerio de Cultura, que só concede unha a nivel estatal, para estudar música na Manhattan School of Music a partir do mes de xaneiro. Saco mostra o seu agradecemento ante tal recoñecemento e explica o complicado que resulta abrirse camiño no mundo da música. Ademais, a pianista reivindica a necesidade de que as institucións amplíen a programación de música clásica.
O grupo Maravallada percorrerá as rúas de Pontevedra.
Axenda

Música en Pontevedra con Maravallada e Treboada do Baixo Miño

Maravallada e Treboada do Baixo Miño percorrerán diversos puntos de Pontevedra animando e cantando
Charanga Louband.
Axenda

Sesión vermú en Carballo coa Charanga Louband

A cita musical coa Charanga Louband terá lugar a partir das 14.00 horas na Parroquia de Verdillo
Tanxugueiras na rodaxe do sencillo 'Seghadoras' (Foto: Rocío Cibes).
CULTURA

Tanxugueiras logra o número un de vendas en tendas físicas co seu traballo 'Diluvio'

Tanxugueiras logrou o número un de vendas en tendas físicas co seu terceiro álbum Diluvio, co que está a percorrer a península ibérica na xira Midas, de presentación do mesmo.
A cantante Rosalía, na actuación da Coruña (Isaac Buj / Europa Press)
CULTURA

A Xunta e o Concello da Coruña gastaron máis de 300.000 euros en patrocinar o concerto de Rosalía

O concerto da artista catalá Rosalía, que decorreu o 29 de xullo na cidade da Coruña, segue a dar que falar. Só en contratos de patrocinio, a Axencia de Turismo da Galiza gastou máis de 200.000 euros. Unha cantidade á que se lle suman os 100.000 do Consorcio de Turismo da Galiza.

O artista valadourés Grande Amore (Foto: Janite).
O verán de...

Nuno Pico 'Grande Amore': "Parézome máis a unha planta de interior"

Entrevistamos o artista Grande Amore (Nuno Pico) para o suplemento de verán de Nós Diario.
De Vacas, hoxe a partir das 22.30 horas en Pontevedra.
Axenda

Concerto de De Vacas en Pontevedra

A cita musical de De Vacas englóbase dentro do programa "Con voz de Muller" do Concello de Pontevedra
Marifaltri e o seu espectáculo para crianzas hoxe en Ames.
Axenda

Música infantil en Ames con Marifaltri

O espectáculo de Marifaltri terá lugar no Parque do Amenerial de Ames a partir das 19.30 horas
Tanxugueiras recibe o sinxelo de ouro
CULTURA

Tanxugueiras recibe no SonRías Baixas o Sinxelo de Ouro por 'Terra'

A cantante Iria Estévez.
Axenda

Música en Ribadeo: "Fado" con Iria Estévez, Artur Caldeira e Daniel Paredes

O concerto terá lugar no Campo San Francisco de Ribadeo a partir das 13.00 horas
MindoMúsica em Mondonhedo.
star
Música

"Parroquias Tour" e saúde emocional

Celebrou-se por quarta vez em Mondonhedo o festival de música de câmara MindoMúsica, que a violinista Rebeca Maseda organiza com todo o primor, convertendo-se ela mesma em gestora cultural, a cujo labor dedica boa parte do tempo durante o ano, sem desatender a sua atividade sinfónica e tantos trabalhos simultáneos.
Beatriz Martínez e Diego Langarica na presentación do Noia Harp Fest.
O Festival Internacional de Arpa desenvólvese en Noia até o vindeiro domingo día 7

A arpa é a protagonista musical en Noia

Esta cuarta feira comezou a novena edición do Festival Internacional de Arpa de Noia cun primeiro Encontro das Escolas de Arpa da Galiza. O festival dedicado a este instrumento conta cun programa internacional de primeiras figuras que mostrarán a versatilidade e diversidade da creación musical contemporánea. 
'Mercado no Minho', de Sonia Delaunay.
XVI edición de 'Música no claustro'

Sons femininos na catedral de Tui

A XVI edición de Músicas do Claustro desenvólvese ao longo desta semana en Tui, creando pontes entre músicas do pasado e do presente e rendéndolle unha homenaxe a Sonia Delaunay, a pintora francesa que, xunto co seu home, Robert Delauney, se refuxiou da Gran Guerra no norte de Portugal e no sur da Galiza.
Detalle do novo disco das Tanxugueiras, 'Diluvio'. (Foto: Neelam Khan Vela)
CULTURA

[VÍDEO] Así soa 'Diluvio', o novo disco das Tanxugueiras que busca "rachar co estabelecido"

O álbum está composto por doce temas, dous deles instrumentais, e conforma un percorrido "desde a tormenta até a quietude".