música

Ith con MercedesPeón - 'Medo a perder'
SOCIAL

Ith con MercedesPeón - 'Medo a perder'

A banda de rock ITH vén de presentar o videoclip do tema 'Medo a perder', con Mercedes Peón, que "dedica" aos colectivos veciñais contra os 'macroeólicos' para "denunciar o que grandes compañías e multinacionais do sector eléctrico pretenden facer no rural galego, o espolio das nosas terras para colocar macroeólicos de forma indiscriminada e acabar coa vida, a natureza, a paisaxe natural e o sector gandeiro, así como perpetuar a tendencia á despoboación e, en definitiva, sentenciar o futuro do rural de forma irreversíbel", sinala.

Xabier Díaz - 'Levantarse e caer'
CULTURA

Xabier Díaz - 'Levantarse e caer'

'Levantarse e caer', o novo tema de Xabier Díaz.
Xabier Díaz afonda neste tema nos sentimentos de benestar, autocoñecemento e bondade (Foto: Marcos Budiño).
CULTURA

'Levantarse e caer', así soa o novo tema de Xabier Díaz

Este é o primeiro single dun disco que verá a luz o vindeiro mes de abril.
A mostra trata de reproducir a vida cotiá da burguesía pontevedresa da altura (Foto: Deputación de Pontevedra).
O Museo de Pontevedra reconstrúe a vida burguesa do Novecentos

A vida cotiá na Pontevedra 'fin de siècle'

O Museo de Pontevedra recrea a vida da burguesía galega no cambio do século XIX ao XX a través das reconstrución das vidas de Carmen Babiano Méndez-Núñez e as súas fillas María e Concha Mendoza, últimas moradoras do Palacete dos Mendoza, onde se reunían artistas e intelectuais. 
Hugo GZ elaborou durante o ano 2020 as seis pezas que agora presenta (Foto: Juancho Everman).
CULTURA

Hugo GZ: "A min esta pandemia, máis que bloquearme, axudoume a escribir e compor"

Hugo GZ, compoñente do grupo de rap SonDaRúa xunto a That Bass Dj e Alex Arnoso, vén de publicar seis pezas en solitario. Entre o persoal e o íntimo, achegan elementos que este músico galego elaborou durante os días de confinamento, en 2020. O traballo leva por nome 1991, igual que un dos temas, reivindicando o ano en que naceu. Esta experiencia non implica deixar de lado os seus compañeiros, cos que xa ten datas confirmadas para directos no calendario deste 2022.
Ugia Pedreira (Foto: Óscar Gorriz).
star
Entrevistas

Ugia Pedreira: "Son unha adicta á poesía e o meu interese actual está enfocado na musicalidade da fala"

Conxunción política, antropolóxica, literaria e musical. Así define Ugia Pedreira o seu novo disco, Segmento cantábrico, que contén tamén un pequeno poemario, Atalaia norte. Un traballo que é porto, a Mariña e o noroccidente asturiano, e singradura polos pobos de Ortegal a Ouessant. Que é canto, poema e spoken word con percusión ou sintetizadores vintage. Que é, sendo quizais o seu álbum máis persoal, tamén tribo. Vida comunal. Diálogo, pensamento. Arte que é vida e vida que é arte. Como ela di, levar a arte pegada aos ósos. 
Detalle da capa do disco 'Dois cuartetos sobre o mar', de Mário Barreiros.
star
Música

Unha mirada ao mundo adulta e sofisticada

O batería, compositor e produtor Mário Barreiros regresa aos discos de jazz despois de case década e media dedicado a outros labores con Dois quartetos sobre o mar.
Sergei Prokofiev (1918).
star
Música

Antonio Odriozola: paixón pola música e admirador de Prokófiev

Antonio Odriozola Pietas autodenominábase "prokofievista" pola admiración ao pianista e compositor Serguéi Prokófiev (Sóntsovka, 1891-Moscova, 1953).
O programa 'Atrápame se podes' é unha produción de Voz Audiovisual (Foto: CRTVG).
LINGUA

Critican a escasa presenza do galego no programa da TVG 'Atrápame se podes': "40 cancións e as 40 en castelán"

Os Estatutos da CRTVG sinalan que debe "promover e difundir a cultura e identidade da Galiza", así como "contribuír ao uso e o coñecemento da lingua galega".
Capa de 'Alborada', de Garza
star
Música: 'Alborada', de Garza

Contemplativo, emocional e suxestivo

O disco orbita arredor do que en tempos se chamou "rock progresivo", aínda que o regusto camp se substitúe aquí por unha busca que se achega a certas variantes do jazz contemporáneo.
O escritor, músico e xornalista Xurxo Souto.(Foto: Sofía de Labañou).
CULTURA

Xurxo Souto celebra os 20 anos de literatura en Lugo

O músico e escritor emprende este sábado unha viaxe de amizade literaria que o levará tamén por Pontevedra e A Coruña.
Carlos Núñez. (Foto: Javier Salas)
star
Entrevistas

Carlos Núñez: "O Estado español é anómalo en relación ás súas propias músicas pola ditadura"

A traxectoria de Carlos Núñez é tamén, en certo modo, a traxectoria da cultura musical galega. Desde os oitenta, cando a música tradicional combateu os prexuízos dun Estado español aínda influído polo franquismo, até a internacionalización pola que el mesmo e tantas outras loitaron, e chegando ao momento actual, no que as novas tendencias abren novos camiños que percorrer. De todo iso e máis fala Carlos Núñez, que segue a celebrar o 25 aniversario do seu primeiro disco, A Irmandade das Estrelas. Agora saca unha nova peza en colaboración con Baiuca.
Enxeito - Volvo de volta
CULTURA

Enxeito - Volvo de volta

'Volvo de volta' é o novo tema da banda de Enxeito, unha banda de Bueu que mestura o funk con outros estilos como o rap, o soul, o rock ou o blues. "Frescura e funk únense neste sinxelo, marcando o que vai ser o próximo lanzamento neste 2022", sinala o grupo, en alusión ao novo disco que está a piques de ver a luz.
Concerto de Fuxan Os Ventos no pazo dos deportes de Lugo, o 1 de maio de 1973.
star
Pioneiros e baluartes da música en lingua galega

Fuxan os Ventos: 50 anos de música combativa

Colexio Menor do Santísimo Sacramento, Lugo, 1972. Epicentro do nacemento dun dos máis importantes e coñecidos grupos de música galega da historia. De Mondoñedo a Pontedeume, de Catalunya a Euskal Herria, de Lisboa a Bruxelas pasando por París ou Zúric. Fuxan os Ventos foron os encomendados de levar a música, cultura e lingua galegas alá onde for preciso, en tempos onde a arte estaba desprovista e o folklore era militancia.  
O colectivo Grupos de Vigo en Loita protestaron en Vigosónico (Foto: Nós Diario).
CULTURA

As salas de ensaio de Vigosónico seguen fechadas

O colectivo 'Grupos de Vigo en Loita' denuncia que o Concello cede os locais á Fundación Paideia de Sandra Ortega para a realización de cursos e non para que o empreguen as bandas da cidade.
Detalle do cartaz do Son do Camiño 2022.
LINGUA

O galego, máis unha vez, marxinado no Son do Camiño

Apenas unha ducia de artistas galegas e galegos dunha listaxe que conforman case 50 músicos e bandas. Aliás, só catro cantan en lingua galega.
Gabri Fuentes, vocalista de Acouga, durante o proceso de gravación (Foto: Cedida).
'Novo paradigma', primeiro tema da banda

Gabri Fuentes (Acouga): "Tentamos facer música en galego sen ter que falar necesariamente do propio idioma"

Unha fusión de rock, metal, pop e hardcore nunha mestura enerxética. Son as liñas que segue a proposta do grupo Acouga, integrado por Carlos de Castro (guitarra e voz), Gabri Fuentes (voz), Luís González (baixo) e David Martínez (batería). Chegados desde Pazos de Borbén, a banda presentou recentemente o seu primeiro tema, Novo paradigma. 'Nós Diario' conversa con Gabri Fuentes, vocalista do grupo.
A banda Dakidarría promociona 'Colaxe'. (Foto: Dakidarría)
CULTURA

Dakidarría publica 'Colaxe', un tributo aos seus 18 anos

A banda Dakidarría volverá aos escenarios nunha nova xira en eléctrico após presentar 'Colaxe', o seu novo traballo, que conta con numerosas colaboracións de bandas e artistas.
Xaquín Xesteira, durante un concerto de Treixadura.
CULTURA

Xaquín Xesteira, de Treixadura: "Os coros levan cen anos cantando melodías tradicionais con gaitas, non é algo novo"

Ao longo da súa extensa traxectoria, o grupo Treixadura exerceu un gran labor ao manter viva a cadea de transmisión da música tradicional. Logo de facer 30 anos e de verse na obriga de cancelar a xira de 2021, a formación anuncia que volverá aos escenarios. Nós Diario conversa con Xaquín Xesteira, un dos seus membros fundadores. 
Mariña Arbor (5)
CULTURA

Mariña Arbor: "Compostela era o centro nunha Gallaecia con poder para levantar un Pórtico da Gloria"

A editorial Canela vén de publicar O eco das estrelas. Música medieval no camiño de Santiago, unha obra que fai un repaso por todo ese universo musical. Conta coa participación de Francisco Singul, Francisco Luengo e Mariña Arbor, autora do capítulo sobre poesía e música na Idade Media, coa que conversa Nós Diario.