música

Sánchez Izquierdo, no Parlamento, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Radio Galega Música limita a 30% os temas musicais en galego

A dirección da CRTVG considera a cota "positiva".
O Zeca, numa das suas presenças na Galiza, a partilhar palco com Benedicto.
star
Música

Memória do Zeca

Poucos como Zeca Afonso reuniram as qualidades de cantautor de intervenção social, maravilhosa voz de registo doce e claro, construtor de inúmeros textos e melodias, facilidade para ajeitar a cada letra a música mais própria, natural e à vez em linhas de modernidade. 
As catro ex becarias xunto ao deputado de Cultura (Deputación da Coruña).
CULTURA

'Sons para un regreso', ex bolseiras da Deputación volven á Coruña

A iniciativa parte da área de Cultura da Deputación da Coruña e procura dar a coñecer as músicas que comezaron co apoio desta institución.
Natalia Barreiro é investigadora do CiQUS (USC).
SOCIAL

O Talento Mozo 2021 recoñece o traballo de Natalia Barreiro contra a Covid-19

A mocidade ten talento e en moitos eidos. Esta semana recoñecéronse algunhas das achegas que realizaron mozas e mozos deste país en sectores como a ciencia, o deporte ou a industria. Entre os máis salientábeis figura o descubrimento da posibilidade de producir vacinas contra a Covid-19 de maneira máis rápida e económica.
Hugo forma parte do grupo Sondarúa xunto Alex Arnoso e Iván Prieto. (Foto: Óscar Corral)
Hugo Guezeta vén de estrear 'Claridade', primeiro tema do seu próximo EP

Hugo Guezeta: "Non existe unha rede musical en galego que sente unha base para o crecemento dos grupos"

No 2016, nacía en Ponteareas Sondarúa, un grupo de música combativa integrado por Alex Arnoso e Hugo Guezeta, ao que se uniu Iván Prieto no 2018. Na pasada sexta feira, Hugo adiantaba o primeiro single do que será o seu próximo EP en solitario, titulado Claridade.
A banda de Muros é coñecida por temas como 'Andas por él' ou 'A festa do meu enterro'. (Foto: Anxo Beiro)
Xanma é vocalista de The Rapants, que vén de estrear o EP 'Nic Bahía'

The Rapants: "Hai unha pluralidade de bandas e de estilos musicais na Galiza que é necesario coidar"

Un peixe que Samuel comeu o día no que xogou moi ben un partido de fútbol non soamente lle deu nome o seu alcume, o Rapante, senón tamén á banda The Rapants. Nada en 2018 e integrada por Matías (baixo e teclados), Xaquín (batería), Samuel (guitarra e voz) e Xanma (guitarra e voz), a formación estreou hai unha semana o EP Nic Bahía.
O galego Baiuca nunha imaxe publicitaria. (Foto: Baiuca)
CULTURA

O 'Embruxo' de Baiuca conquista os Premios Ruído

O músico galego vén de ser seleccionado entre os 15 finalistas deste galardón, neste caso na categoría de disco do ano.
Capa de 'Cordas Históricas', de Pancho Álvarez.
star
Discos: 'Cordas Históricas', de Pancho Álvarez

De cando a antigüidade volve estar de moda

Neste Cordas Históricas Pancho Álvarez quixo empregar todos os instrumentos de corda que tiña ao seu alcance, tanto os seus coma outros prestados, e ordenalos nunha secuencia cronolóxica
Sés. (Foto: Mirmidón Producións)
star
Entrevistas

Sés: "Entrevístanme máis na Radio Nacional Española que na Radio Galega"

Definir a María Xosé Silvar en 550 caracteres é moi complicado. Dicir que Sés é unha cantante sería mentir. Unha persoa que escribe, que musica, que compón, que arranxa, que edita, que produce, que pon os seus cartos para poder publicar os seus discos é moito máis do que engloba a palabra cantante. Porque ela é como as súas entrevistas. Un todo no que conviven a emoción e a razón. As risas e os enfados. Os momentos de reflexión e os de deixarse levar. María Xosé Silvar é, igual que todas as persoas, un universo enteiro feito ser humano.
Imaxe promocional de Tanxugueiras, tirada no decorrer do videoclip de 'Figa'. (Foto: Rocío Cibes)
CULTURA

Tanxugueiras acudirá ao festival que abre as portas de Eurovisión

A formación galega acturá a canda outras 13 artistas a finais de xaneiro no Benidorm Fest, preselección do Estado español para o Festival de Eurovisión 2022.
Manolo Maseda, co seu acordeón. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Manolo Maseda: “As nenas e nenos non teñen coñecemento sobre a realidade musical na lingua galega”

“Ao Son Da Nosa Música” é un proxecto socio-educativo de dous mestres de música no ensino público, Manolo Maseda e Martiño Ramos. Esta iniciativa consistiu nunha enquisa realizada a máis de 1.000 escolares da Galiza de 20 centros diferentes e arroxou datos como que un 80% do alumnado non escoita nunca ou case nunca música en galego. O propio Maseda explica que a situación da música na nosa lingua é reversíbel se se aposta por medidas que involucren as rapazas e rapaces.
Trompeteiros no Triunfo de Maximiliano. Xilografía de Hans Burgkmair (circa 1516). (Foto: Nós Diario)
star
Música

A capela flamenga recunca na Galiza

No musical, a Compostela que atopou Carlos I o 26 de marzo de 1520 debeu ser bastante diferente da que atoparan os seus pais. O propio arcebispo Fonseca era un xeneroso mecenas, e non descoidaba a música.
Interior do mosteiro de Sobrado dos Monxes. (Foto: Amaianos)
Bartolomé de Olagüe, músico compostelán

Un novo achado descobre un organista e compositor barroco inédito até a data

O musicólogo Andrés Díaz Pazos vén de facer público o descubrimento dun novo compositor galego do período barroco, Bartolomé de Olagüe, até o de agora descoñecido. O seu achádego, ademais, pon de relevo a importancia dos centros eclesiásticos galegos e do dinamismo cultural que emanaba deles. 
A organista suíza formou parte do festival 'De Lugares e Órganos' no ano 2019. (Foto: Dirk Letsch)
A suíza Corina Marti gravou un disco co instrumento do convento santiagués

Corina Marti: "Nunca tocara un órgano que me impactase tanto como o de Santa Clara, fiquei namorada"

O órgano do convento de Santa Clara, en Compostela, é o protagonista do disco que Corina Marti vén de gravar. Organista e experta en instrumentos antigos de tecla, a suíza quixo poñer en valor este instrumento de comezos do XVIII, que foi restaurado no 2004 e que é un dos máis antigos da Galiza. 
A pandemia aumentou o nivel de precariedade das persoas traballadoras no sector da música. (Foto: Gabriel Doti)
star
Música

Santa Cecilia, patroa da precariedade

Así é a situación, a industria, a escena ou como lle queirades chamar: precaria. E cada crise acentúa ou subliña máis aínda esta situación. Cantos traballadores do eido musical deixaron de traballar ou percibir ingresos por culpa da pandemia?
carlos
CULTURA

Carlos Cernadas: "As letras son máis interesantes e teñen máis sentido se as escribo en galego"

Natural de Rianxo, Carlos Cernadas é responsábel do proxecto artístico Sons of Exodus. Hai pouco máis dun mes que se estreou o seu segundo traballo, Castrexos, e agora xa está a traballar para levar a súa música aos escenarios galegos.
Xoán Curiel.
CULTURA

Xoan Curiel: "Non é música purista, senón un xeito de abordar as cantigas moi particular"

Enmarcado na feira da Culturgal, esta fin de semana en Pontevedra, Xoan Curiel ofrecerá un concerto o sábado no que presentará o seu sétimo traballo discográfico. Baixo o título Traides Comigo!, estrearase tamén a súa versión en físico.

Ata cando tanto desleixo da Xunta?

Peña
CULTURA

Peña: "Probamos moitas sonoridades, até atopar o que lle convén a cada canción e sempre sen límites"

O grupo Peña vén de ser distinguido como gañador da V edición do Concurso Narf de grupos musicais. Logo de presentar hai pouco máis dun ano o EP Fórmula, o trío, conformado por Elena Vázquez, Rubén Abad e Toño Magariños, vén de estrear en abril o seu primeiro álbum baixo o título Carreiro. Falamos con Toño Magariños. 
Dakidarria : Pobo de artistas
CULTURA

Dakidarria : Pobo de artistas

Primeiro sinxelo de "Colaxe", o novo disco de Dakidarría. Dispoñible o 25 de Febreiro 2022.

Artistas participantes: Ann Trash Aphonnic As Punkiereteiras Blues Do País Brais Das Hortas Brassica Rapa Bravatukas Caldo Ce Orquesta Pantasma Chungo Pastel Cuarta Xusta Deseqilibrio Mental Ezetaerre Falperrys Fanfarria Taquikardia Flow Do Toxo Fondo Norte Ganjahr Family Garcia Mc Golpe Radikal High Paw Human Kaixo Kase7e Kave Gz (Yimiyourek) Keltoi! La Quinkillada Latexo Percusión Laura Mercy Lisdexia Liska Lulavai Mekanika Rolling Band Menina Arroutada Mounqup Nadie Gonzalez (Yimiyourek) O Rabelo O Sonoro Maxín Os Festicultores Os Vacalouras Pauliña Pelepau Peter Punk Raiade Raiba Rastreros Rebeliom Do Inframundo Sacha Na Horta Sara Marchena Sara Reigosa Satenta Satxa Seitura Silvia De Taboexa Skadelos Skarnivals Som Do Galpom Suán Tanxugueiras Tecor Societario The Tetas Van Tiro Na Testa Tnt Band Uxia Lambona E A Banda Molona We Ride Wöyza Xearanx Xenderal Xente Tóxica Youcanthide Zeltia Irevire