música

Homens da Luta, representantes de Portugal en Eurovisión 2011, que recrearon a estética e o son das cancións protesta da Revolução dos Cravos. (Foto: Nós Diario)
star
Reportaxes

(Euro)son protesta: Da revolução dos cravos aos conflitos territoriais

Os ecos de Eurovisión continúan semanas despois. É espectáculo, música, cor, popularidade e postas en escena. Pero tamén é un escenario de audiencia millonaria que serve -e serviu- para que moitas cantantes e países puideran elevar a súa voz en momentos históricos críticos. "E depois do adeus", cantado por Paulo de Carvalho na edición de 1974 poucos días antes da Revolução dos Cravos é un claro exemplo: o que parecía unha canción de amor converteuse no sinal de saída para a revolta que despois completaría o gran Zeca Afonso. 
Imaxe dos compoñentes de Sumrrá (Foto: Iván Barreiro)
star
Música

Misterio e beleza

Unha edición do Festival O Son do Camiño. (Imaxe: O Son do Camiño).
CULTURA

Un Son do Camiño “Perseidas” que discrimina o galego

O Monte do Gozo acollerá este ano unha edición especial do Festival Son do Camiño, o Son do Camiño “Perseidas”. No cartaz, que se coñeceu na mañá da sexta feira, apenas hai representantes da música galega nin presenza feminina.

As Tanxugeiras están entre as máis oidas na Coruña e en Vigo. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

As cancións máis escoitadas na Coruña e Vigo

Presentamos con máis escoitas en Spotify nas dúas ciudades galegas.
Franco Battiato. Foto Europa Press
star
Música

Franco Battiato. Popular e experimental, na busca do transcendente

A gente pode gostar ou não da sua música. O que não pode é ser indiferente ante ela nem ante o personagem, mediático sem dúvida, que se foi fazendo a si mesmo ao longo de cinco décadas.
Capa de 'Embruxo', de Baiuca
star
Discos: 'Aire!', de Caamaño e Aimeixeiras, e 'Meigallo', de Baiuca

Só por hoxe, poesía

Aire!, de Caamaño e Aimeixeiras, e Meigallo, de Baiuca, demostran que namestura está o motor que nos fai avanzar.
De esquerda a dereita, Xacobe Martínez Antelo, Manuel Gutiérrez e LAR Legido, os compoñentes de Sumrrá. Foto: Iván Barreiro
star
Entrevistas

Xacobe Martínez Antelo: "Galiza leva sendo unha canteira de proxectos jazzísticos interesantes desde hai corenta anos".

Sumrrá, o trío formado por LAR Legido, Manuel Gutiérrez e Xacobe Martínez Antelo, segue sendo, despois de vinte e un anos xuntos, unha das propostas máis sólidas e inclasificábeis do jazz non só galego, senón peninsular. Cativaron a crítica e público con composicións abertas que recrean con frescura nos seus directos. O interese que espertan en todas as partes levounos a gravar os seus últimos discos cunha casa discográfica de Nova York, mais segundo confesan, o que os segue movendo é a emoción de tocar xuntos. Conversamos con Xacobe Martínez Antelo, baixista da formación, sobre o camiño seguido durante estas dúas décadas e sobre o seu último disco, 7 visións.
O cantautor Secho. (Foto Nós Diario) #secho #recuperar #disco #música #cantautor #galego
Secho, cantautor que vai publicar o disco 'Recuperar'

Secho: "O traballo colleu aínda máis sentido, pois todos temos que recuperar algo"

Secho (Dodro, 1985) presentará antes do verán o seu novo traballo, 'Recuperar'. Un disco que estaba pensado "como algo máis minimalista e que por mor da pandemia da Covid-19 logrou un sentido máis amplo porque todos temos algo que recuperar despois desta situación", resume o cantautor en conversa co xornal.
Xacobo Ares facendo unha recollida con Francisco López, "o gaiteiro de Saa" (Nós Diario).
CULTURA

Xacobo Ares: "Se despois dunha recolla de música popular non ensinamos o traballo, a cadea rompe"

Xacobo Ares, gaiteiro e pandeireteiro, da Asociación Amigos da Gaita, puxo en marcha o proxecto "Tecedeira, tecendo a tradición" que presentará en Ribadeo o vindeiro 26 de xuño. Recoñece que o traballo da musicóloga Dorothé Schubarth o inspirou para esta iniciativa, así como a traxectoria de investigación en cultura musical popular de Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio Costa. Con todo, a influencia máis importante tívoa na súa propia familia da man do seu tío, Francisco Ares, fundador d'Os Montes de Lugo.
Andrés Rodríguez (Foto: cedida)
O compositor Andrés Rodríguez, finalista do concurso de Óscar Navarro

Andrés Rodríguez: "Miña nai sempre escoitou as miñas composicións e deume o punto de vista máis popular"

Con tan só 20 anos, o compositor ourensán Andrés Rodríguez agarda con moitos nervios o resultado do Concurso Internacional de Novos Talentos de Composición da fundación Óscar Navarro, onde é un dos dez finalistas. En conversa con 'Nós Diario' comenta como nace a súa  inquietude pola música académica.
No día de onte decorreron dúas visitas guiadas á exposición. (Foto: Concello de Pontevedra)
star
A revolución da música galega do século XXI, nunha exposición

Pepe Cunha: "A xente nova ten unha formación espectacular e non analizar e potenciar as súas propostas é un erro”

Até finais de maio pode verse na Praza de Ourense de Pontevedra "Cantámola en galego. A canción en galego no século XXI", unha exposición que lle dá visibilidade á música cantada en galego en diferentes estilos. A exposición, organizada pola Concellaría de Normalización Lingüística e Xuventude de Pontevedra e comisariada polo crítico musical Pepe Cunha e pola xornalista Teresa Cuíñas, combina paneis explicativos con listaxes de reprodución en Spotify e de vídeos en YouTube aos que se pode acceder a través dun código QR. 
Ortiga. Foto de Brais Nogueira
star
Música

Raíces psicodélicas da nova verbena galega

A música de verbena introduce cambios que a achegan a escena máis independente da Galiza, converténdose en habitual dos distintos festivais que se realizan ao longo da nosa xeografía. 
Capa de 'Ailá'
star
Discos: 'Ailá', de Ailá

Sangue novo

Un traballo no que destaca a inusual presenza dos instrumentos de metal entre as músicas tradicionais.
canta
Exposición

Hai ou non hai cancións abondas en galego? En Pontevedra sábeno!

Laiármonos de que non haxa cancións suficientes en lingua galega é cousa do século pasado. Pontevedra amosa a enorme diversidade musical no idioma propio da Galiza cunha exposición que pode visitarse todo este mes de maio na praza de Ourense.

Paula Chaves, Pauliña, caracterizada como diaño para o seu novo videoclip 'Remordementos'.
Pauliña publica 'Testemuñas'

Paula 'Pauliña' Chaves: "É unha necesidade urxente que a xente cante, fale e cree contido en galego"

Após 'De-Xeneración' e 'A Malfalada', Paula Chaves, máis coñecida como Pauliña, presenta o seu terceiro traballo 'Testemuñas'. Un disco "sen cancelas musicais e parido tras vivir moita ansiedade, presións e cambios na miña vida que se vén reflectidos neste traballo", salienta a cambadesa. 
Palermo, Italy. 22nd November 2012 -- Singer, painter, director, designer, songwriter and author of the song "The Cure" tours in Sicily accompanied by the philosopher Manlio Sgalambro.
INTERNACIONAL

"È morto Franco Battiato"

O artista nado en Catania morreu aos setenta e seis anos despois dunha longa enfermidade dexenerativa.

 

Detalle dunha partitura de J.S.Bach
star
Música

Bach para unha despedida. O testemuño de Oliver Sacks

Case todas as persoas poden percibir a música, os tons, o timbre, as pausas, etc…Segundo Oliver Sacks, integramos todos eses elementos e imos construíndo a música na nosa mente, empregando diferentes áreas do cerebro para esa tarefa.
Capa de 'Cernadas'.
star
Discos: 'Cernadas', de crnds

Alalás, samples e sintetizadores

Un disco que tenta explorar novos territorios musicais partindo da tradición, como tamén fixeron outros referentes galegos na fusión de música tradicional coa electrónica como Mercedes Peón ou Baiuca. Porén, e envolto, se cadra, nun estilo máis experimental.
Manuel Rodrigues e Enrique Cabaleiro na presentación. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Mumi 2021, música galega e portuguesa á beira do Miño

O Arquivo Municipal de Valença (Portugal) foi o escenario da presentación do Mumi 2021, encontro de Músicas do Minho.
Antía Ameixeiras, co violín, e Sabela Caamaño, co acordeón cromático, nunha imaxe promocional do seu primeiro disco. (Foto: Leticia T. Blanco)
CULTURA

'Aire!', un disco froito da catarse do baile e da música

O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, as músicas Caamaño & Ameixeiras presentan o seu primeiro disco, 'Aire!', no festival FestiLetras, que decorre na vila de Ponteceso. Sobre a chegada de 'Aire!', co verán no horizonte e coa expectativa de como serán os concertos poscovid, conversamos con Antía Ameixeiras.