música

Bea Camiña, comunicadora cultural e codirectora do Festival "Elas Son Artistas" (Nós Diario)
CULTURA

Bea Camiña: "Certo tipo de eventos, en concreto os masificados, tardarán moito en regresar"

Bea Camiña é unha das responsábeis da proposta escénica "Elas son artistas" que desde 2018 dá a coñecer o traballo de mulleres creadoras nun amplo espazo xeográfico da área metropolitana da Coruña. A  paixón pola música determinou a súa profesión coa creación dunha axencia de comunicación e produción que xestiona eventos dentro e fóra da Galiza.  
Alejandro Guillán publica 'Embruxo', o seu novo traballo de longo formato. (Foto: Elisabet Encina)
star
Alejandro Guillán, 'Baiuca', presenta novo traballo

Alejandro Guillán 'Baiuca': "Mostrar o misticismo galego ao mundo é algo moi enriquecedor"

O próximo 7 de maio Alejandro Guillán, máis coñecido como 'Baiuca', publica o seu segundo traballo de longa duración, 'Embruxo'. Este disco, "cunha sonoridade e temática moi definida", trata o misticismo existente na cultura galega e mostra unha evolución persoal e profesional do produtor.
The Turres Band actuando na Sala Rebullón (Mos) o pasado novembro
CULTURA

Silencio nas salas de concertos

As salas de concertos mantéñense en silencio por seren consideradas ocio nocturno. Ante esta situación, a xerente da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo, María Nieto, sinala que "se non se atopa solución moitas salas fecharán permanentemente". Malia isto, os responsábeis de diferentes estabelecementos da Galiza manteñen a esperanza e o esforzo para seguir programando eventos culturais, aínda que nalgúns casos non cheguen a dar beneficios económicos. 
Margarita Viso e Juan Durán ao piano.
star
CULTURA

Marcial de Adalid, o fundador do "nacionalismo musical"

Cando preguntan por compositores musicais do Romanticismo, a primeira resposta quizais poida ser Beethoven, mais a Galiza conta coa figura de Marcial de Adalid (1826-1881), quen introduciu este xénero no Estado español no século XIX. Co gallo do seu pasamento hai 140 anos, achegámonos á súa figura a través de Margarita Viso: "Adalid compuxo o que podía ser o himno que lle faltaba a Galiza no seu momento", asegura a musicóloga, que en 2020 recibiu o Premio da Crítica na categoría de música.
EuropaPress_3667074_presentacion_ciclo_mayo_jazz
CULTURA

Maio vai ser o mes do jazz no Teatro Colón da Coruña

A Deputación da Coruña vén de presentar o novo ciclo “Maio Jazz”, que se desenvolverá no escenario do Teatro Colón da Coruña todos os domingos do mes. Unha iniciativa para a que se vai contar coa música de Oîma, Pablo Sanmamed, María Toro e Margarida Mariño.
Capa de 'Lingua de xigantes'
star
Discos: 'Lingua de xigantes', d'Os carunchos

Lingua de xigantes

O sétimo disco d'Os Carunchos pon en valor o repertorio para gaita ao tempo que resalta a música vocal.
Na primeira fila, con americana azul, Jacobo Sutil, e con americana gris, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na celebración do último Día do Teatro.
star
A cultura busca un marco lexislativo

Política Cultural?

O pasado 7 de abril publicábase no Diario Oficial da Galiza a modificación do Estatuto da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), en principio unha sinxela modificación burocrática que non debería ter maior repercusión na escena cultural galega. Segundo a Xunta da Galiza trátase exclusivamente de "reforzar a súa estrutura para avanzar no servizo ás industrias culturais". Non obstante, a regulamentación sempre deixa albiscar cales son as políticas que sustentan, e as políticas culturais da Xunta levan moito tempo sendo cuestionadas polos profesionais do sector.
Sonia Couto, Sonia Salgado e María Fernández ensaiando o seu papel de meigas na ópera. (Foto: Cedida)
CULTURA

A vida de María Soliña nunha ópera-folk

O próximo 8 de maio estréase no Auditorio de Cangas a primeira ópera-folk galega que narra a historia de María Soliña, unha muller canguesa que, con 70 anos, foi acusada de ser bruxa e despoxada de todos os seus bens por parte dos poderes eclesiásticos no século XVII. O compositor da obra, Nacho Mañá, a soprano protagonista, Carmen Durán, e o libretista e tenor, José R. Bustamente explican a 'Nós Diario' a importancia desta figura e como reinterpretan cunha visión máis moderna os valores de loita e poder feminino que Soliña representou durante a súa vida.  
 
Capa de 'Líquido', de Druida
star
Música: 'Líquido', de Druida

As memorias sonoras de Druida

Son minimalista, ambiental e moi orgánico, onde cada pista semella un antigo recordo perdido entre os bosques brasileiros.
ortigueira celta festival
CULTURA

Sen Festival de Ortigueira tamén este ano: a celebración adíase até xullo de 2022

A intención é que a edición do vindeiro ano se estenda durante unha semana.
Eliseu Mera e Cándido Cabaleiro nun concerto na casa de Rosalía.
star
Música

A música do pensamento

O encontro entre a música e a poesía posibilita que os dous códigos lle dean forma a un modo de transmisión de contidos que abrangue o sensual e o intelectual, o tanxíbel e o espiritual.
Capa de 'Geodesia', de Luís Peixoto
star
Discos: 'Geodesia', de Luís Peixoto

Cuestión de identidades

Luís Peixoto proxecta a música portuguesa cara a outros horizontes, entre o legado da tradición portuguesa e o repertorio da música celta,
Capa de 'Músicas de Ferreiros', de Javier Franco.
star
Discos: 'Músicas de Ferreiros', de Javier Franco

Interés puro na música

Javier Franco presenta unha compilación  dun valor formidábel, xa que nel se concentran moitas pezas do repertorio dos seus avós e incluso se utilizan instrumentos feitos por eles.
Cunqueiro introduzia pequenos pentagramas nos seus livros.
star
Música

Cunqueiro e os pentagramas

Sizia Xosé María Álvarez Cáccamo que talvez o elemento menos influente de Herba aquí e acolá fosse a "atonalidade", uma atonalidade que em nengum caso restringia a música, o qual é certo, pois toda a obra de Cunqueiro é musical
A Banda da Loba
Xela Arias

"Intempériome", desde dúas bandas

A Banda da Loba e o clarinetista Fernando Abreu homenaxéan á poeta Xela Arias con sendos traballos sobre os seu poemario Intempériome
Abraham Cupeiro
CULTURA

O festival Maré no Culturas360º, un evento global musical en liña

O festival compostelán forma parte dun evento mundial que decorrerá durante esta fin de semana na rede
Aída Tarrío, Isaac Palacín, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro nun concerto en Mos. (Foto: Gloria Montenegro)
star
CULTURA

Artistas emerxentes e consolidadas: En tempos de desescalada, música galega

Un ano despois de que o mundo tivese que frear para parar a pandemia da Covid-19, a música feita en galego segue a presentar novidades a pesar de que apenas se poidan levar a cabo os concertos tan precisos para promover os traballos. Sexa de artistas emerxentes ou consolidadas, en tempos de desescalada non deixa de soar música composta na nosa lingua.
Os integrantes de Teima roldan os 26 anos e, algúns deles, ademais de 'metal' tocan música tradicional (Teima)
CULTURA

Xaquín Lema, músico: "Non nos fechamos no 'metal', mais esta foi a nosa identidade desde o instituto, e en galego"

Xaquín (voz e guitarra), Pablo (batería), Fabio (baixo) e Mateo (guitarra e voz) son os integrantes da banda de metal Teima, que recentemente publicou o seu tema "Lume e espiñas", unha canción composta arredor de 2017 e que tivo como detonante a vaga de incendios que asolou o país naquel outono. Con Estudios Mafia, no Carballiño, como centro de gravación, e con carátula de Adela Dios e Antía Figueira, sacan esta canción sobre cuxa reivindicación e estilo musical conversamos con Xaquín Lema, membro da banda, quen fala con Nós Diario dos próximos proxecctos desta formación do concello de Vimianzo.

 

A banda Dioivo ensaiando nunha sala de VigoSónico.Foto: Cris Calvete
star
Música

Malos tempos para a música

Na cidade de Vigo, o local de ensaios municipal, VigoSónico, fechou as portas en marzo co inicio do estado de alarma e desde entón non volveu abrir. O Concello decidiu non adxudicar o contrato de xestión deste espazo
'Muller libre'. de The Tetas' Van
star
Música: 'Muller libre'. de The Tetas' Van

Rock clásico para o verán

Novo disco deste banda de Ourense que levan dez anos dando guerra con humor.