música

A compositora e cantante Sheila Patricia nunha actuación acompañada da súa guitarra. (Foto: Sheila Patricia)
Sheila Patricia cre no positivo da incerteza da profesión de artista

Sheila Patricia: "Na crise temos moitas máis oportunidades, sabemos navegar diante dos problemas"

Non é doado definir a música de Sheila Patricia. Ela mesma autoinclúese dentro do xénero da “World Music” da man dunha tradición galega que lle vén de familia. Nas súas cancións non é difícil atopar as mulleres como protagonistas partindo de situacións cotiás. A piques de sacar novo traballo discográfico, do que non quere adiantar contido, reflexiona cun chisco de autocrítica sobre a situación dunha profesión necesaria aínda que algo esquecida en tempos de pandemia.    
star
CULTURA

"Este paro cardíaco da Historia": a arte que naceu co virus

O confinamento foi un período desacougante e estraño, mais tamén cun gran potencial creativo para algunhas artistas. No aniversario desta data, repasamos algunhas das pezas que xurdiron deste intre histórico, algunhas das cales aínda están a ver a luz nestes días. 
Desde a esquerda, Antón Casal, Bea Míguez, Javier Buján, Oscar Rodríguez e Rolandas Butkevicius,
A banda presenta o seu novo disco, 'Vol. 2'

Vatapá Quinteto refina a súa fórmula para mesturar swing, blues e bossa nova

Vatapá Quinteto teima en ampliar o territorio do jazz e a improvisación. Interésalles o swing, o blues e a bossa nova, mais sobre todo séntense seducidos polo encontro co público, por un directo que evoca o ambiente de café-concerto ou, quizais, dunha daquelas míticas tabernas portuarias da cidade de Vigo.

A nosa música no mundo

Orquestra Galega de Liberación. (Foto: Ivan Barreiro)
star
Orquestra Galega de Liberación

A liberdade da improvisación, unha catarse en disco

A experiencia de música totalmente improsivada da Orquestra Galega de Liberación, estreada no Teatro Principal de Compostela o pasado 12 de setembo, chega agora en formato disco. O director e promotor do proxecto, Xacobe Martínez Antelo, explica a 'Nós Diario' as súas chaves e a esencia desa liberación polisémica.  
 
Unha sesión das xornadas do ano pasado.
CULTURA

Unhas xornadas debullan a música nos novos escenarios dixitais

Xornadas de Paideia Galiza de marzo a maio
Capa do disco que recolle a presentación da Orquestra Galega de Liberación
star
Música

A improvisación, nas estremas da liberdade extrema

Edítase un disco que compila a presentación da Orquestra Galega de Liberación no evento único que tivo lugar o 12 de setembro de 2020, no marco do festival de artes performativas Plataforma.
Salteiro a partir da escultura da arquivolta da igrexa de San Martiño de Noia.  (Foto: Suso Xogaina)
star
'O Uniforme Movemento Divino'

Da pedra á madeira, os instrumentos do pórtico de San Martiño xa son unha realidade

O libro-disco 'O Uniforme Movemento Divino' deixa constancia dun amplo proxecto de recuperación da música medieval, que pasa pola recreación dos instrumentos reproducidos na arquivolta da igrexa de San Martiño de Noia. O traballo dos artesáns responsábeis desta misión, que non supón unha volta ao son real de séculos antigos, senón un rescate no que a tradición se mestura coa modernidade, cobra vida nun repertorio das cantigas medievais con arranxos de Rodrigo Romaní. 
A cantante MJ Pérez
CULTURA

O certame ARi[t]mar publica as finalistas galegas e portuguesas

O certame ARi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela abre o proceso de votación despois do xurado ter seleccionado as dez músicas portuguesas e galegas nomeadas. 

Deleiba Foto Bandasss
CULTURA

Deleiba presenta o seu rock galego máis "positivo"

A banda de Muros, Deleiba, aposta por un videoclip sobre a positividade e esperanza coa canción "Erguerse"

A música e o baile de tradición teñen que estar

Baiuca, do selo Raso, actuando no festival Son do Camiño. / Martin Gomez
star
Música

O futuro é facer música co móbil

Estamos a vivir mudanzas que responden a un cambio paradigmático na industria musical do que aínda estamos a experimentar a día de hoxe os efectos. E ninguén está preparado: aínda tivemos que esperar até 2018 para que os prestixiosos Grammy recoñecesen que a música feita en plataformas como esta eran tamén dignas de prestixio. 

Xisco Feijoó: Peixe
CULTURA

Xisco Feijoó: Peixe

PEIXE está preñado da esencia máis fonda da música tradicional, vista dende unha mirada contemporánea e interpretada dende a modernidade e dende a visión dun século XXI dominado polas novas tecnoloxías pero onde se respectan e valoran con emocionante orgullo as orixes e tradicións máis puras e ancestrais. PEIXE fala de todo aquilo que queremos ser e non somos quen... E de aquilo que somos e non desexamos. PEIXE fala da súa aceptación con horizontalidade deixando ben atrás a resignación. PEIXE é entender que entre nós até onde alcanza a vista non hai gaiolas nin peixeira que nos pechen. PEIXE somos cada ún de nós, únicos e irrepetibles.
Pablo Hasel, camiño da Audiencia Nacional, canda o seu xuízo en 2016 (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
SOCIAL

Concentracións na Galiza en defensa de Pablo Hasel

A Audiencia Nacional ordenou esta semana a entrada en prisión do rapeiro.
Graça Fonseca, ministra de Cultura de Portugal (Foto: Governo de Portugal).
INTERNACIONAL

Portugal impón unha cota de 30% de música autóctona nas radios

A iniciativa tivo unha acollida positiva por parte do sector cultural luso.
Unha imaxe de 'Piano solo entre árbores'
star
'Piano solo entre árbores' de Abe Rábade

Reflexión e sensibilidade

Abe Rábade presenta un traballo reflexivo en Piano solo entre árbores, un proxecto audiovisual no que o pianista ofrece obras ideadas e traballadas durante o confinamento e que se pode ver no Portal da Lingua Galega e tamén en YouTube.
Capa de 'San Amaro', de Malandrómeda
star
Música

Un rezo tristeiro no barullo do mundo

Malandrómeda fixo tratos co Apalpador para deixarnos a finais de ano outro EP de catro temas, seguindo o esquema dese Animais de feira (2020) co que rachaba hai apenas uns meses os catro anos de silencio discográfico que deixou após o monumental duplo álbum Cada can que lamba o seu carallo (2016) e Os corenta e oito nomes do inimigo (2016).

A arca da Noe, um espaço de encontro
star
Na taberna cultural da Arca da Noe

Música a porta fechada

Foi lindo ir à Arca da Noe numa manhã fria e soalheira. Por esse espaço rural passam artistas várias, músicas de todos os estilos, com muito nome ou sem tanto, e isto é possível desde que Noemí Vázquez se lançou a um projeto tão inovador como autêntico: criar um entorno de cultura estável no rural.
De esquerda a dereita,  Rubén Domínguez, Mara Pérez e Alberto Vecino. (Foto: Pablo Mella)
star
Entrevista

Alberto Vecino, de Chicharrón: "O novo disco é o máis artístico-experimental de todos"

Chicharrón fechou un ciclo, unha sorte de tríptico, con 'Cancións clínicas', após o seu debut homónimo e 'Postais'. Esta primavera chegará 'Unha fogueira intacta', álbum que fai, como os anteriores, da diferenza a súa causa, sempre inmersos en novas procuras que desta volta, adianta Alberto Vecino, caen do lado máis "industrial". Senten que o disco conecta, ademais, co universo do filme 'Ons', no que Alfonso Zarauza incluíu un tema seu. 
Retrato de Belém Tajes. (Foto: Brais G. Rouco)
star
CULTURA

Belém Tajes publica a súa viaxe musical polos 'sean-nós', os alalás irlandeses

A música Belém Tajes comparte no seu primeiro libro a súa viaxe pola costa oeste de Irlanda para recoller cantos tradicionais vencellados ao mar, semellantes aos alalás galegos, coñecidos como 'sean-nós'. A modo de caderno de bitácora, 'Cantos do mar de Irlanda', con prólogo de Xurxo Souto, narra a súa experiencia e achega unha escolma das cantigas rexistradas no periplo, que se poden escoitar a través dun código QR.