música

Néboa
star
Música

As realidades enganosas de Néboa

A realidade enganosa é un traballo no que Néboa aposta por un pop en galego sofisticado con melodías inspiradas tanto polo folk galego como polo jazz.
Carlos Do Carmo, durante a súa actuación en Eurovisión '76. (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Falece Carlos do Carmo, rei do fado e lenda da música portuguesa

O seu pasamento tivo lugar en Lisboa aos 81 anos
Alejandro Gándara e Olaia Tubío.  (Foto: Nós Diario).
star
Cinema

A biblia da música popular galega

A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galiza de vacacións despois de facer un percorrido por toda Europa investigando a música popular e as súas conexións primixenias e arcaicas. 
Margarita Viso (Fotos: Miguel Abalo).
star
Entrevistas

Margarita Viso: memoria musical

Musicóloga, compositora e intérprete de piano, Margarita Viso (A Coruña, 1957) vén de recibir o Premio da Crítica no apartado de Música en recoñecemento da súa longa traxectoria de divulgación e creación no eido da música culta galega. Cun ton crítico, reclama un financiamento cun maior filtro de revisión que reciben as dúas principais orquestras da Galiza: a Sinfónica e a Real Filharmónica, ademais dunha maior relevancia nos seus programas da música feita por galegas e galegos, tamén na súa interpretación.
Detalle da portada do EP, obra de Daniel Alonso Mallén (Imaxe: Malandrómeda).
CULTURA

Malandrómeda volve sorprender cun segundo EP neste 2020, 'San Amaro'

Está dispoñíbel para libre descarga na rede desde o 23 de decebro. En setembro o Hevi lanzou outro EP, Animais da feira.
Néboa son Lucas De Centi, Sandra Pérez Míguez, Aloia López Ferro, Jacobo García Lafuente e Tomás Porteiro Abuín.
CULTURA

Néboa esvae as fronteiras do pop-tradicional

Na brétema as liñas continuas desaparecen e a paisaxe torna amalgama de formas difusas. Dificilmente podería atopar Néboa mellor nome para a súa procura doutras sonoridades, afastándose dos límites con vontade transgresora, para desafíar as estruturas do jazz conciliándoo cun pop de pegada electrónica, que rescata tamén trazos da música tradicional, devolvéndolle, se cadra, a esencia máis popular en lóxicas contempóraneas. Destas e moitas outras capas componse 'A realidade enganosa'.

O sector está alarmado (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

O sector musical ante a pandemia: polo dereito a existir

Unha redución de máis de 90% dos ingresos procedentes da actividade artística realizada de marzo a setembro, en comparación co ano pasado. Con entre dez e 50 cancelacións. Esta é a realidade que estaba a afectar ás persoas enquisadas pola Unión de Músicos Profesionais antes da declaración do segundo estado de alarma. A situación é agora aínda peor para os oficios da música. Locais históricos que fechan, concertos sen público, profesionais sen ingresos nin prestacións e empresas que están a facturar a metade. 
A compositora e intérprete Guadi Galego.(Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Na lingua que eu canto: música e identidade(S), hibridadas no global

A identidade cultural na música, como tantas outras manifestacións nas que a palabra non ten por que adoptar o rol central, esperta preguntas complexas e por veces mesmo controvertidas. Que factores nos levan a estabelecela? Que podemos chamar música galega? É a lingua un elemento determinante? Que papel desenvolveu e cal aspiramos que xogue no futuro? Son estas interrogacións fluídas que flotan nun mundo de identidades líquidas, por veces case –cando menos, en teoría– evaporadas nas dinámicas do global ou nas hibridacións aceleradas, para as que a diversidade de respostas incita máis a reflexión que latexa no múltiple, para axudarnos a entender quen somos e por que, ou se cadra máis importante, cara a onde queremos encarreirar o mañá.
Faia (Foto: Arxina).
star
Reportaxes

Faia: a voz espida

Nunhas poucas semanas, Faia Díaz recreou un día coas vacas inspirado en receitas de cociña no festival Plataforma, deixou abraiado o público do Maré coa súa versión do Cantar Alentejano ou do Cantar Galego de Zeca Afonso e mostrou no Museo do Mar, no Cantas Verbas, de que xeito decrecer en recursos nun escenario pode ser unha das mellores maneiras de recrear a tradición musical oral transmitida por mulleres. Faia é unha das artistas máis interesantes do actual panorama musical galego. Falamos dos seus diversos proxectos.
Abe Rábade Trío. (Foto: Cabanijazz).
star
Reportaxes

A Galiza a todo jazz (II)

Desde que nos anos 80 o jazz fixo a súa aparición na Galiza, foi para ficar entre nós para sempre. O xénero segue vivo hoxe e goza de plena saúde, nada ten que envexar do que se está a facer noutras partes do Estado ou na nosa irmá e veciña Portugal, que contan cunha tradición máis longa neste xénero musical. Beban nas fontes do jazz europeo ou se nutran das primixenias raíces americanas, ou mesmo procuren a mestura con outras músicas, os nosos creadores, pertenzan a unha ou a outra xeración, son os garantes da súa permanencia e evolución.
Devid Puime no Festival Jazz Pontevedra (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

A Galiza a todo jazz (I)

O presente artigo tenta ser unha achega ao coñecemento da historia do jazz de noso. Recrea e amplía o texto da exposición da nosa autoría A Galiza a todo jazz, que se puido visitar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Cangas durante a celebración do XIX Festival Internacional de Jazz, Canjazz, a finais de agosto de 2016. A exposición estaba dedicada a Juan Claudio Cifuentes “Cifu”, gran divulgador desta música nos medios de comunicación, e sempre atento ás novidades discográficas que lle chegaban da Galiza e aos seus novos talentos emerxentes. Do seu programa radiofónico, en homenaxe, collemos emprestado parte do título que hoxe toma este artigo.
Edición pasada do  Arteficial (Ribadavia) (Foto: Arteficial).
star
Reportaxes

A música ao vivo resiste na Galiza

Verán tras verán podemos percorrer o país saltando de festival en festival. A dioiva de propostas coa música ao vivo e outras actividades culturais como protagonistas á que estabamos acostumadas vai quedar este ano nun orballo. Así e todo, gozar da cultura propia e das mellores paisaxes é posíbel. Recollemos as historias de catro festivais de 'pequeno formato' que cumpren máis unha edición malia a crise sanitaria. A súa proposta,? unha chea de actividades musicais, deportivas ou divulgativas nas localizacións con maior riqueza natural da Galiza.
Algunhas propostas da  literatura galega híbridas. (Foto: Tensi Xesteira).
star
Reportaxes

Literatura híbrida: libros que van máis alá

Poesía e fotografía. Poesía e ilustracións. Literatura e música. As fronteiras entre os xéneros e as artes son cada vez máis etéreas, e hoxe en día eclosionan propostas que tensan os límites e ofrecen reflexións e debates sobre o mundo desde a palabra escrita, pero cun protagonismo especial doutras disciplinas artísticas. No medio desta era dixital, fálase cada vez máis dos libros como obxectos, pois o futuro reside aí.
Miguel Araújo (Foto: Arxina).
star
Entrevistas

Miguel Araújo: escrever Portugal

Dizem dele que é um dos melhores compositores da música portuguesa atual. Ana Moura, António Zambujo ou Carminho, entre outros grandes artistas, gravaram canções escritas por ele. Mas conseguiu também um grande sucesso no seu país pela sua trajetória como cantor e instrumentista. Prepara agora o seu quarto disco em solitário. Chama-se Miguel Araújo e é um de tantos músicos da lusofonia que, para os galegos, ficará sempre ligado ao festival Cantos na Maré, que este ano mudou o seu nome por Maré e trasladou-se a Compostela. 
Laura Lamontagne (Foto: Cristina Corral).
star
Entrevistas

Laura Lamontagne: renovar a tradición

Todo semella acontecer espontaneamente no mundo artístico de Laura LaMontagne. Curiosa por natureza e coa experimentación por bandeira, flúe entre a música, a poesía e o audiovisual até desembocar en espazos sonoros que mesturan tradición e vangarda. Desde hai máis dun ano, colabora co DJ e produtor PicoAmperio e xuntos reinventan a lírica medieval galaico-portuguesa a través de ritmos urbanos, efectos electrónicos e unha potente voz chea de matices. Un proxecto retrofuturista que recibe as mellores críticas e non deixa indiferente ninguén.
Antón Reixa (Foto: Nós Diario).
star
Entrevistas

Antón Reixa: a perplexidade como filosofía

Antón Reixa (Vigo, 1957) rexeitaría con firmeza o adxectivo "polifacético", mais é a primeira palabra que vén á mente cando tratamos de resumir unha carreira que inclúe poesía, cine, televisión, radio, música, videoarte, performance e tantas outras cousas. O teatro non é a rama creativa pola que máis se lle recoñece, mais tamén na escena deixou a súa pegada –desde os recitais performativos de Rompente até o musical Galicia Caníbal, pasando polas colaboracións con Artello, Teatro do Morcego ou Lino Braxe. Agora, presenta Melancoholemia, unha obra que estreará o 25 de xullo na Mostra de Ribadavia e que vén de ser editada por Kalandraka.
Boyanka (Foto: Alba Bugg).
star
Entrevistas

Boyanka Kostova: gaita e autotune

Era cuestión de tempo que, nas lóxicas de reinterpretación da tradición, os acordes da muiñeira chegasen sampleados e as coplas soasen tamén con autotune. Trap enxebre ou como for a etiqueta, Boyanka Kostova sorprendía, máis se cabe, coa orixinal achega de "Muiñeira de Interior", que tivo repercusión mesmo en medios internacionais. O tema anunciaba a saída, após outros dous sinxelos, do novo disco deste revolucionario dúo formado por Cibrán García (voz), quen responde as preguntas de Sermos Galiza, e o Chicho do Funk (produtor), que se ben foi inaugural dun estilo, ten vontade de transcender este mérito para deixar pegada na memoria. De momento, Os dous de sempre, o álbum que vén de saír á luz, marca outro paso na consolidación dos composteláns. 
Susana Seivane (Foto: Irene Pin).
star
Entrevistas

Susana seivane: gaita na varanda

Susana Seivane (Barcelona, 1976), unha das compositoras e intérpretes máis internacionais da Galiza, partillou co mundo o seu singular confinamento ateigado de música. As pezas que tocaba para a veciñanza desde a súa varanda de Cambre chegaron á aldea global a través das redes sociais, axiña viralizadas até xerar un contacto máis directo co público. Preocupada polo futuro do sector musical, mais sen perder o ánimo, a gaiteira conta os funambulismos de conciliar a vida laboral e a familiar durante estes incertos tempos de corentena.
388 entrevista
star
Entrevistas

Xabier Díaz: estertor rural

Vén de ver a luz As Catedrais Silenciadas, o terceiro álbum no que Xabier Díaz repite colaboración coas Adufeiras de Salitre. O compositor continúa a explorar os camiños dunha música tradicional cada vez máis propia, na que os estados de ánimo transcenden na procura eterna da fascinación. O disco ceiba un aturuxo contra o estertor rural, último alento que leva consigo unha perda identitaria irreparábel. Porén, lonxe de catastrofismos, é unha advertencia para insuflarlle aire, mensaxe que levará na xira que comeza o 21 de marzo en Barcelona e que chegará en abril á Galiza. 
387 entrevista
star
Entrevistas

María Xosé Silvar: Ser mala muller

Desde converterse en grupo revelación de AcoruñaSon en 2007 con Chámalle Xis!, María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, mostra unha carreira que non é fortuíta, senón froito do traballo duro e constante. Acaba de volver da súa primeira xira por Latinoamérica, directamente para presentar o seu sétimo álbum. Liberar as arterias chega así amadriñado polos versos da poeta e activista Luz Fandiño, cunha mensaxe que se rebela contra a escravitude do odio. Após esgotar billetes en Barcelona, esta sexta feira encheu en Vigo, primeira das moitas datas xa programadas que a levará desde os escenarios máis cativos de Narón, Guitiriz ou Meis, até palcos estatais en Bilbo, Donosti, Málaga ou Madrid.