música

XoseLoisRomero
star
Entrevistas

Xosé Lois Romero: Na raíz común

Os pulsos da terra traducidos aos latexos musicais, o máis íntimo convertido en percusión, acompañada de voces de mulleres, un eco atemporal. Son as músicas que remiten ao pasado colectivo, ao máis próximo que é tan galego, tan noso, como universal. Latexo é o novo disco de Aliboria, grupo dirixido polo compositor Xosé Lois Romero, que vén debuxando nos últimos anos un novo horizonte na experimentación musical. A súa chave, ademais da imaxe da nova portada, é, en palabras do compositor, "seguir innovando, reinventando a tradición".
384 entrevista
star
Entrevistas

Guadi Galego: Sempre diversa

Desde os comezos no universo folk de Berrogüetto, pasando por proxectos máis íntimos, o nome de Guadi Galego estaba chamado a se converter en referente innegábel da música galega. O seu percurso en solitario abriu unha fuxida das etiquetas na procura da diversidade como principio absoluto. Con Immersion, un traballo no que a cantante se revisa a si mesma en varias linguas, leva a outro nivel ese ideal co que actualmente se identifica. Coa advertencia de que "podería mudar en calquera momento". Porque a vida, ademais de diversa, é unha aprendizaxe constante.
Xico de Carinho. 2019. Foto Fernando Chafa inv
star
Entrevistas

Xico de Carinho: Vida Harmónica

Disque foi inscrito logo de nacer co nome de Francisco Peña Villar, mais é baixo o alcume de Xico de Carinho (Cariño, 1940) como se lle coñece popularmente a unha das personalidades máis singulares e militantes da música galega. O último representante da gran estirpe de harmonistas galegos, o estudante da Sorbona, o educador, o compañeiro de José Afonso, o viaxeiro impenitente... son todas caras dunha mesma figura poliédrica e imprevisíbel que continúa a impartir o seu maxisterio de vento a piques de superar a barreira dos 80 anos.
IMG_3458
star
Entrevistas

Ataque Escampe: Alma Conxunta

Pasaron polo Suns Europe en novembro estreando a nova formación após ano e medio afastadas dos escenarios. As Ataque Escampe (no feminino plural tan empregado por elas) despediron os anos dez, aqueles que prometeran violentos, e déronlle a benvida á década co EP A Alma. A amizade pálpase como subtexto neste grupo que tanto evolucionou nos case dous decenios de andaina. E de que imos falar, preguntaranse, deixando agromar, inevitábel, a melodía da harmónica queixosa de "Segunda División". Pois da vida, do amor e da rebeldía, que tamén é supervivencia. O matrimonio, a morte e o sexo ficarán para outra ocasión. 
Ugia Pedreira presenta 'A comuna del Barruzo'. (Foto: aCentral Folque).
star
Libros

A okupar as músicas

As comunas sempre tiveram algo de utópico. Pessoas com ânsias de viver diferente, de fazer distinto, de procurar alternativas de ser, arrejuntam-se para partilhar força e fantasias. 
Capa do disco de Galgo (Foto: Nós Diario)
star
Música

Galgo: sons surrealistas coidados ao detalle

O math-rock é un xénero complexo. E non só pola dificultade rítmica e instrumental que caracteriza a moitas das composicións que o compoñen, senón tamén polo seu habitual carácter instrumental e as súas longas duracións que o sitúan en certa medida no lado oposto á música pop
Tapa do álbum (Foto: Nós Diario).
star
Música

O son das raíces

Aliboria nacía hai uns tres anos, e presentábase como un grupo que se servía unicamente de voces e percusións tradicionais. 

Tanto confiaban no que ofrecían, que non precisaban máis. 

Tapa de 'Ferreñas & Rocn'n'Roll' (Foto: Nós Diario),
star
Música

Sororidade musical ilustrada

Esta é unha crítica especial, porque non é dun disco, como adoito facer. Cando vin nas redes que sacaran este traballo, encantoume a idea. Mulleres bravas e creativas que homenaxean outras. Esta é a sororidade que asoma no noso gremio. Marabilla!
Patti Smith e Rooney Mara. (Foto: Nós Diario).
star
Cinema

...e tiro porque me toca

D esde que Terrence Malick entrou en idade de xubilación, a súa cadencia facendo filmes acentuouse a case dous por ano, cando era coñecido por ser un cineasta pouco prolixo cun total de nove filmes en 50 anos de carreira, cunha regularidade quinquenal e, mesmo, con períodos de até 20 anos entre filme e filme, como foi o caso de Días do ceo (1978) e A delgada liña vermella (1998).
 
Ith. (Foto: Cedida)
CULTURA

Ith presenta novo disco: 'Frear o momento'

Oito temas rockeiros fan un álbum que sairá á venda o 15 de decembro e estará en plataformas dixitais a partir do día 18.
Foto promocional dos Rosales,
con Maruxa Miguéns ao bombo. (Foto: Edición Canela)
CULTURA

Maruxa Miguéns, unha pioneira entre os gaiteiros

'Os Rosales. O son da festa', libro que vén de lanzar a Editorial Canela na súa colección de tradición oral, recupera a historia dunha das mulleres pioneiras da música tradicional galega: Maruxa Miguéns. Foi por casualidade que entrou a tocar o bombo nos Rosales, o cuarteto do seu marido, Xosé Romero, para rematar converténdose nunha peza chave da formación, que coa súa voz e o seu toque se converteu nunha das máis demandadas do momento. "Mágoa que non foses home para vir con nós", dicíanlle os da banda antes nos ensaios. Pero non lle fixo falla.
Os compoñentes de Tres Pesos, Estevo Lamas, Felisa Segade e José Antonio Ferreira, coñecido como Pepe de Calo. (Foto: Nós Diario)
'De cando os animais cantaban' é o título deste traballo que se xestou durante tres anos

Tres Pesos volven á escena musical cun novo disco

O trío de música de raíz Tres Pesos chega este outono co seu segundo traballo discográfico, 'De cando os animais cantaban'. Un disco elaborado devagar que pretende ser unha reivindicación da actualidade de música tradicional e pola recuperación do hábito do campo nunha sociedade na que "todo o hai que facer a correr".
GRUPAL37_web
'Mar de Cultura' decorre entre o 2 e o 6 de decembro

A música en directo volve até o Museo do Mar da Galiza de Vigo

A secretaría xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e mais o Museo do Mar da Galiza organizan un ciclo de concertos para o que contan coa presenza de Ugía Pedreira, Guadi Galego, Silvia Penide ou Emilio Rúa, entre outros.
A cantante e actriz Andrea Pousa nunha imaxe do videoclip de 'Camiñares'.
CULTURA

Andrea Pousa procura as súas orixes nun 'Retorno' entre a Galiza e Portugal

O segundo traballo discográfico de Andrea Pousa, 'Retorno', chegará en marzo de 2021. Mentres, a cantante partilla con 'Nós Diario' esa busca das súas orixes, a medio camiño entre a Galiza e Portugal, que caracteriza este álbum persoal e "vangardista" co que quere "romper estereotipos" cunha personalidade propia
Actuación despois da entrega do premio (Foto: Cris Andina).
CULTURA

Caldo faise co Concurso Fran Pérez “Narf" de música

Caldo son María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita), que presentan unha proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros
A cantante e compositora
Guadi Galego estará na sexta feira 9 de agosto en Zas. (Foto: Carlos Abal).
Entrevista

Guadi Galego: "A vida está feita de costuras, de cicatrices e de zurcidos"

"E así toda cordura, escose polas costuras", canta Guadi Galego na faixa que abre 'Costuras', o seu último traballo discográfico. Logo de levar o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe con 'Immersion', a compositora atrévese cun álbum que afonda nos territorios do íntimo, desde esa postura sempre reflexiva e plural que a caracteriza, para falar do amor, a dor e outros moitos retallos que nos conforman.  
Pola esquerda, Noemi Basanta, Xulia Feixoo, Mercedes Peón e Marina F. Vigo, na mesa de debate da xornada Tradición en Feminino. (Foto: AGG)
A Asociación de Gaiteiras reivindica as mulleres na tradición musical

O folclorismo que agochou as mulleres bravas

Había unha igualdade maior da que pode pensarse nas aldeas nas que se facían recollas de música tradicional. Mais certo folclorismo non representou os roles das mulleres que non respondían á imaxe patriarcal. Isto defendeu Mercedes Peón na xornada Tradición en Feminino.
Berlai no videoclip de 'No water', adianto do disco.
CULTURA

Berlai abre as portas do seu lar no seu último álbum

Cas Berlai, un disco creado no confinamento que se estrea hoxe
Detalle do cartaz de 'Chegar a Galicia, chegar ao mundo'.
Música

A lírica galego-portuguesa conecta sete formacións en 'Chegar a Galiza, chegar ao mundo'

O Camiño de Santiago aparece como punto de encontro nun proxecto creado especificamente para tecer pontes nestes momentos de restricións. Aproveitando diferentes localización vencelladas con el, con grande importancia do patrimonio, sete videoclips reúnen virtualmente formacións galegas e estranxeiras nunha proposta de Sirgo Torcendo que se presenta o 28 de novembro no Culturgal.

Música de fondo