verán

O Gastro-Café Roi Xordo, no local do antigo Bar Ferreiriño. (Foto: Roi Xordo)
MÁIS

Galiza mora no Roi Xordo

Gastronomía de proximidade e lecer musical no corazón de Allariz.
O escritor Bieito Iglesias afonda no seu relato que se poderá ler a vindeira semana no 'Máis'. (Foto: C. Arxina)
O RELATO DO VERÁN

Bieito Iglesias: 'Na Galiza non nos limitamos a emigrar en certas épocas, houbo unha completa diáspora'

Bieito Iglesias continúa co herdo dos relatos do caderno Máis deste verán. Publicarase por entregas desde a vindeira terza feira, 23 de xullo, até o sábado 27. Doce como o favo do mel presenta un episodio histórico que marcou a historia da Galiza, a compra de escravos galegos para traballar os campos de azucre en Cuba.
Iván Costa, Anxo Lorenzo, Xabier Blanco e Xosé Manuel Budiño actuarán despois de 38 anos sen tocar xuntos . (Foto: Diego Seixo)
MÁIS

Corenta anos co folk por diante en Moaña

O Festival Intercéltico do Morrazo (FIM) leva desde 1985 celebrándose ininterrompidamente. A música folk da nosa terra combinarase co panorama celta internacional do 23 ao 28 de xullo. Moaña estará chea de actuacións, actividades e folclore tradicional galego en todos os recunchos da vila. 
Ugia Pedreira actuará no XII Festival Aturuxo de Ourol, onde presentará o seu novo tema, 'Soltar'. (Foto: Óscar Gorriz)
MÁIS

O aturuxo que axita Ourol

Fin de semana de música na Mariña
Participantes no Gran Prix das Carrilanas de Esteiro de 2023. (Foto: ADC Esteirana de Carrilanas)
MÁIS

As carrilanas de Esteiro a todo gas

O Gran Prix das Carrilanas de Esteiro (Muros) dará mañá o asubío de saída oficial. Será unha fin de semana chea de carreiras, gastronomía e boa música. Trátase dun xogo de nenas e nenos con trinta e cinco anos de traxectoria e que atrae cada edición miles persoas de todas as idades e recunchos da Galiza. Conta con máis de setenta participantes cada ano
A praia fluvial do Pozo do Boi, na beira do río Deza en Vilatuxe, Lalín (O Deza). (Foto: Concello de Lalín)
MÁIS

O Boi, na beira de Lalín

Mergullarse no verán na praia de Vilatuxe
No festival actuará a estadounidense Dorrey Lin Layles, unha das grandes voces do mundo gospel. (Foto: Festival Mar de Blues)
MÁIS

Soul e blues na Guarda

As voces afínanse para o festival do Baixo Miño
Un grupo de mozos e mozas nun campamento de verán. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Deben as crianzas aburrirse no verán? Isto é o que din as expertas

Entre as recomendacións de persoal experto figuran estabelecer límites claros para o uso de dispositivos electrónicos e favorecer as actividades ao aire libre, hobbies e o tempo en familia.

A poboación castrexa e os romanos loitan polas terras de Cambre no Galaicoi. (Foto: Concello de Cambre)
MÁIS

Cambre aínda é castrexo

Hora de honrar a valentía guerreira 'Kaliakoi'
Actuación dos Gorrillas a pasada semana no local San Xián, na praia homónima de Pinténs, parroquia do Hío (Cangas). (Foto: Nós Diario)
MÁIS

Gozar de San Xián no Hío

Lecer nas temperadas augas da ría de Aldán
As tres illas Sisargas vistas desde o ceo. (Foto: Concello de Malpica)
MÁIS

Sisargas, coroa de Malpica

Gaivotas, piñeiros e herba de namorar na comarca de Bergantiños.
Vou preparar café e imos aclarar isto.  (Foto: Nós Diario)
star
MÁIS

O relato de verán: 'A derradeira falante de galego' (I)

Primeira entrega do relato de verán de Paula Carballeira, "A derradeira falante de galego".
O Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor pon a proba o enxeño das peñas dorneiras. (Foto: Arousa Norte)
Máis

Ribeira sobe á Dorna

Chega a 76ª 'sinjladura' de charabisca e diversión
Noemí Vásquez, capitá da Arca da noe. (Foto: A Arca da Noe)
MÁIS

Dez anos da Arca da Noe

Leva unha década a navegar e non ten intención de deterse. A Arca é unha mestura de sala de concertos, taberna, espazo cultural e centro de actividades localizado en Vilar de Santos (A Limia).
A escritora Paula Carballeira afonda no seu relato que se poderá ler a vindeira semana no 'Máis'. (Foto: Arxina)
star
O relato de verán

Paula Carballeira: "No meu relato quería chamar a atención sobre o uso que damos ao galego e a pervivencia da cultura"

O caderno de verán 'Máis', que acompaña 'Nós Diario', achega desde a terza feira 16 de xullo ao sábado 20 o relato inédito A derradeira falante de galego que Paula Carballeira escribiu en exclusiva para este xornal. A través de cinco entregas, a escritora relata unha distopía lingüística enmarcada polo uso da intelixencia artificial (IA) e a importancia dos relatos orais.
Acabarían enfrontándose, en 1870, nun duelo con pistolas que provocou a morte do duque sevillano. (Foto: Archivist)
star
MÁIS

O relato de verán: 'Un Borbón republicano' (e V)

Última entrega do relato de verán de Alberto G. Aneiros, "Un Borbón Republicano".
A Banda de Gaitas de Barbude durante unha actuación da última edición do festival Folk de Raíz. (Foto: Pixelin Photo)
MÁIS

Callobre, o folk bota raíces

A Estrada acolle a XXIII edición deste festival.
Non era a primeira vez que o desventurado infante sufría o desterro. (Foto: Nós Diario)
star
MÁIS

O relato de verán: 'Un Borbón republicano' (IV)

Cuarta entrega do relato de verán de Alberto G. Aneiros, "Un Borbón Republicano".
As vistas ao río Miño desde un dos miradoiros do Monte Aloia. (Foto: Concello de Tui)
MÁIS

O Aloia álzase sobre a raia

Castros e natureza aos pés do río Miño.
Representación da arribada dos tripulantes do City of Agra no porto de Camelle. (Foto: Víctor Hugo)
Máis

A fazaña de Arou e Camelle ante o mar

Arou e Camelle, no concello de Camariñas, conmemoran cunha abondosa programación cultural desde hoxe até o domingo os 127 anos do rescate da tripulación do 'City of Agra', buque escocés que naufragou na costa galega en 1897. A valentía do pobo galego, que salvou 42 vidas ao botarse ao mar, valeu o seu recoñecemento internacional.