Abanca rompe as negociacións para a venda de Nova Pescanova á canadense Cooke

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, asegurou que o banco "aparcou" a procura dun socio industrial para Nova Pescanova, o que supón a ruptura das negociacións co holding canadense Cooke Inc, ao que esperaba ceder 80% das accións da compañía. Segundo afirmou Escotet esta terza feira, na actualidade Abanca está traballando para fortalecer o seu proxecto empresarial para Nova Pescanova, deixando a un lado a busca de potenciais compradores.
O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, esta terza feira en Vigo (Foto: Pedro Davila / Europa Press).
photo_camera O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, esta terza feira en Vigo (Foto: Pedro Davila / Europa Press).
Comentarios