Activo na Mezquita, Viana, un incendio forestal que xa calcinou 70 hectáreas

Permanece activo no municipio da Mezquita, na comarca de Viana, un incendio forestal que, segundo a Consellaría de Medio Rural, tras as primieras medicións sobre o terreo, xa queimou 70 hectáreas. O fogo iniciouse contra as 22 horas da pasada terza feira na parroquia de Santigoso, onde os equipos de extinción continúan a traballar para controlar o lume. Desde o Goberno galego informan de que neste momento están operativos na zona tres axentes, 13 brigadas, oito motobombas e dúas pas. Medio Rural lembra que, desde o pasado 24 de xuño, as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares na Galiza están prohibidas até novo aviso.

Varios axentes de emerxencias observan o incendio forestal de Palas de Rei. (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
photo_camera Varios axentes observan un incendio forestal. (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
Comentarios