Aprobado o Orçamento do Estado para 2024 en Portugal co voto en solitario do PS

Coa abstención do Livre e o Pessoas-Animais-Natureza, e o voto en contra do resto da oposición, ficou aprobado hoxe no lexislativo o Orçamento do Estado para 2024, grazas á maioría absoluta do Partido Socialista (PS). Nos vindeiros días farase efectiva a dimisión do primeiro ministro António Costa, presentada tras unha redada anticorrupción da Fiscalía, que investiga Costa, e que dará paso a unhas eleccións anticipadas o 10 de marzo de 2024. 

O primeiro ministro luso, António Costa, a segunda feira. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O primeiro ministro luso, António Costa, a segunda feira. (Foto: Nós Diario)
Comentarios