O Ateneo de Santiago pide un goberno "sólido e maioritario" na capital

A Xunta Directiva do Ateneo de Santiago vén de difundir un manifesto no que aposta pola conformación na capital galega dun goberno municipal "sólido e maioritario" que permita "liderar e afrontar os retos de futuro dunha cidade que non pode quedar paralizada por un goberno en minoría", algo que considera que aconteceu cos últimos gobernos de PP, CA e PSdeG. O Ateneo chama a "pór os intereses da cidade por riba dos propios das distintas forzas" e pactar "un programa de goberno consensuado, un xusto reparto de responsabilidades e un compromiso de solidariedade e lealdade que xere confianza nos composteláns".
Pazo de Raxoi
photo_camera Pazo de Raxoi
Comentarios