Catro equipos aspiran á finalísima da Supercopa Galiza

Catro dos seis conxuntos da Galiza na Primeira División de fútbol sala feminino -a competición de ámbito estatal con maior peso da representación galega. que ascende a 40% do total- enfrontaranse hoxe nun duplo derbi coa meta común de conseguir un posto na finalísima da XVII Copa Galiza. A primeira semifinal será ás 20 horas no Pavillón Municipal de Castro Ribeiras de Lea, e alí colidirán o local Castro Bloques Cando co Marín Futsal. No outro lado do cadro, xa ás 20.30 e no Pavillón Polideportivo de Ribadeo -pois Vista Alegre, onde habitualmente xoga o Pescados Rubén Burela, está en obras-, a formación laranxa e o Poio Pescamar reeditarán a finalísima da Supercopa de España que se levou a cabo hai tan só dúas semanas e na que saíu vitorioso o Burela pola mínima (1-0).
Burela e Poio reeditarán o recente partido pola Supercopa. (Foto: RFEF).
photo_camera Burela e Poio reeditarán o recente partido pola Supercopa. (Foto: RFEF).
Comentarios