Falece un motorista nun accidente de tráfico en Lalín

Un motorista faleceu na mañá deste sábado nun accidente de tráfico rexistrado na localidade pontevedresa de Lalín. En concreto, segundo informou o CIAE 112-Galiza, o suceso ocorreu na estrada N-525, ao seu paso por Donramiro, en Lalín, onde chocaron unha moto e un camión. O falecido asistía como espectador ao Mundial de Enduro que se celebra na localidade. Este é o segundo sinistro mortal de similares características que rexistra a Galiza en menos de 24 horas. En concreto, na tarde deste venres outro motorista, de 22 anos, perdía a vida en Pantón (Lugo) ao chocar a súa moto tamén contra un camión.

Sede do112 - Axega
photo_camera Sede do112 - Axega
Comentarios