A falta de aprovisionamentos provoca novas paradas en Stellantis

A planta do grupo automobilístico Stellantis en Vigo volverá suspender parte da súa produción esta semana por problemas de subministración de compoñentes, segundo trasladou a dirección da factoría ao persoal. Nesta ocasión, a falta de aprovisionamentos obriga a suspender as quendas de tarde e noite desta cuarta feira, así como a de mañá desta quinta, todos eles no sistema 1, o que monta os modelos Peugeot 2008, Peugeot 301 e Citroën C-Elysée. Desde a reincorporación ao traballo despois das vacacións de verán, o pasado 21 de agosto, rexistráronse continuas alteracións na produción debido aos problemas de subministracións. Tanto o sistema M1 como o M2 furgonetas— viron suspendidos quendas en máis de media ducia de xornadas.
Cadea de montaxe da factoría de Stellantis en Vigo, onde 
se ten recortado a produción nos últimos tempos (Foto: Europa Press).
photo_camera Cadea de montaxe da factoría de Stellantis en Vigo, onde se ten recortado a produción nos últimos tempos (Foto: Europa Press).
Comentarios