A Mancha, Andalucía ou Aragón, rivais da selección galega de fútbol amateur

A selección galega de fútbol amateur, logo de fechar na noite da pasada terza feira o seu pase á Fase Final Estatal da Copa das Rexións UEFA após superar Asturias (0-1), xa sabe con que tres combinados deberá pelexar para obter o único posto en xogo para tratar de defender o seu título na edición 2024/25 desta competición europea: Castela A Mancha, Andalucía ou Aragón.
 
A Irmandiña vén de derrotar Asturias por 0-1. (Foto: RFGF).
photo_camera A Irmandiña vén de derrotar Asturias por 0-1. (Foto: RFGF).
Comentarios