Marrocos gaña a votación e presidirá o Consello de Dereitos Humanos da ONU en 2024

Marrocos exercerá a Presidencia do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (ONU) en 2024 tras imporse a Sudáfrica nunha votación secreta por 30 votos a 17. O enviado da Fronte Polisario ante a ONU, Oubi Bucharaya, pedira previamente aos Estados que compoñen a institución que non avalasen unha "forza de ocupación militar" que é, ademais, "o único país do continente que non ratificou a Carta Africana de Dereitos Humanos".
Pleno do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (Foto: Nicolas Maeterlinck / Europa Press / Contacto).
photo_camera Pleno do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (Foto: Nicolas Maeterlinck / Europa Press / Contacto).
Comentarios