Persoal de limpeza do Chuac sae á rúa para exixir as melloras salariais pactadas

Traballadoras e traballadores da limpeza do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) mobilizáronse esta cuarta feira por quinto día -nunha manifestación que comezou e rematou ante as portas da Xerencia da área sanitaria- para exixir á empresa concesionaria do servizo, Acciona, "que aplique xa as melloras retributivas e de redución da xornada anual pactadas para o persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e as súas contratas".
Manifestación do persoal de limpeza do Chuac, esta cuarta feira na Coruña (Foto: Nós Diario).
photo_camera Manifestación do persoal de limpeza do Chuac, esta cuarta feira na Coruña (Foto: Nós Diario).
Comentarios