Rueda viaxará mañá a Madrid para acompañar Feixoo na sesión de investidura

O líder do PP e candidato á Presidencia do Goberno español, Alberto Núñez Feixoo, protagonizará o debate de investidura desta terza feira no Congreso, unha sesión na que estará arroupado polos seus 'baróns' territoriais, entre eles o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, que incluíu o desprazamento a Madrid na súa axenda oficial como titular do Executivo galego. Feixoo ofrecerá un discurso "moi propositivo" que incluirá propostas "económicas, sociais e institucionais" e que durará perto dunha hora e media, como preludio dunha votación, salvo sorpresa, condenada ao fracaso.
Alberto Núñez Feixoo e Alfonso Rueda, nun acto do PP durante o pasado verán. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
photo_camera Alberto Núñez Feixoo e Alfonso Rueda, nun acto do PP durante o pasado verán. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Comentarios