Vigo e Ameneiro, virtuais subcampioas de Europa de Rally

Non será necesario agardar á última cita do European Rally Trophy para saber se Édgar Vigo e Fátima Ameneiro conseguen proclámanse subcampioas do certame continental de Rally, pois logo da publicación da listaxe de rexistro da última cita da tempada, na que non figuraba o nome de ningunha das parellas de pilotos que poderían arrebatarlle esa posición de privilexio, as galegas xa son virtuais subcampioas do evento. A tempada 2023 supuxo un "gran desafío" para Vigo e Ameneiro, que competiron tanto en terra como en asfalto con dúas marcas e modelos de coches diferentes en sete países distintos e na que, ademais, as lesións fixeron acto de presenza nos momentos máis inoportunos. Non obstante, e como salientou Vigo despois de coñecer a nova, farán "o imposíbel" por repetir fazaña no 2024.
1 (15)
photo_camera A parella logrou a xesta a unha proba da conclusión do campionato (Foto: Escudería Scratch Fene).
Comentarios