Yasujiro Ozu, José Luís Guerín e o 25 de abril na Filmoteca

Guerín estará na Coruña está sexta feira, 3 de abril.
'Contos de Toquio', de Yasujiro Ozu
photo_camera 'Contos de Toquio', de Yasujiro Ozu

A Filmoteca da Galiza comezará a súa programación do mes de maio na sala José Sellier da Coruña con varias citas, entre as que destacan unha ampla retrospectiva sobre o cineasta xaponés Yasujiro Ozu, a visita do director catalán José Luis Guerin e o feche do ciclo dedicado ao 50 aniversario da Revolución dos Caraveis en Portugal.

A partir do sábado comezará un percorrido pola filmografía de Ozu, un dos directores máis influentes do cinema contemporáneo. Así, entre maio e xuño, exhibiranse películas como Historia dun barrio (4 e 7 de maio), Final da primavera (9 e 14 de maio), Principios de verán (23 e 25 de maio), As irmás Munekata (28 de maio) e Contos de Toquio' (29 e 30 de maio). 

Esta semana pecharase tamén o ciclo dedicado ao 25 ​​de abril portugués, coa proxección de dúas longametraxes restauradas recentemente pola Cinemateca Portuguesa: A fuga de Luis Filipe Rocha, centrada na fuga do líder comunista António Dias Lourenço do cárcere de Peniche, que se poderá ver esta quinta feira, e Acto dos feitos da Guiné de Fernando Matos Silva, que se proxectará a sexta feira e que aborda a cuestión colonial.

Nestes días remata tamén o ciclo Cine, rexistro vivo da nosa memoria. Neste marco proxectarase Tren de sombras (El espectro de Le Thuit) de José Luis Guerín, realizador catalán que visitará a sede da Cinemateca, esta sexta feira, 3 de abril, grazas á colaboración do festival Seminci de Valladolid e a sala Numax de Santiago.

Este ciclo conclúe o 7 de maio coa proxección de Human Claws, un filme mudo de Tod Browning, que chega nunha copia restaurado pola George Eastman House. 

Comentarios