cinema

Fotograma de 'Salvaxe, salvaxe'.
CULTURA

Emilio Fonseca gaña no Play-Doc de Tui coa súa película 'Salvaxe, salvaxe'

A longametraxe de Fonseca optará agora o Premio de Cine Socioambiental do Festival Internacinal de Cine de Guadalajara.
Proceso de gravación de 'As Neves' na Fonsagrada. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

'As Neves' estréase nas salas de cine o día 10 de maio

O filme o filme quere facer unha reflexión sobre as consecuencias do uso das redes sociais
'Contos de Toquio', de Yasujiro Ozu
CULTURA

Yasujiro Ozu, José Luís Guerín e o 25 de abril na Filmoteca

Guerín estará na Coruña está sexta feira, 3 de abril.

Fuxir

Un mozo Luiz Inácio, 'Lula', da Silva filmado por León Hirszman no documental 'ABC da greve'.
star
CULTURA

O Play-Doc de Tui, vinte anos exercendo de porta aberta á realidade

Do 1 ao 5 de maio, Play-Doc, o festival internacional de cinema documental de Tui, celebrará vinte anos dedicados a organizar retrospectivas de aclamados cineastas e directores de culto, ao redescubrimento de filmografías esquecidas e ao apoio innegociábel ao cinema galego.
Ernest Urtasun (Cultura). (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Agora

As persoas maiores de 65 anos xa poden ir ao cine por dous euros a partir da terza feira

A terza feira comeza en todo o Estado español a segunda edición da iniciativa Cine Sénior, que permite ás persoas maiores de 65 anos asistir ao cinema pagando unha entrada de dous euros. O programa, que conta cun orzamento de 12 millóns de euros, está orientado a que un día a semana, de forma preferente as terzas feiras, este grupo poida adquirir unha entrada reducida en 420 cinemas. A diferenza da primeira edición, as entradas poderanse mercar por vía dixital, amais de nos propios estabelecementos.

Na primeira edición, na que tamén participaron 420 cinemas, só 28 locais gastaron de forma íntegra a axuda, polo que o titular español de Cultura, Ernest Urtasun, detallou que redistribuíron os recursos nesta ocasión para que as salas con máis afluencia incrementen a súa dotación, anunciando un fondo de reserva de case dous millóns de euros “para que non se esgote o crédito”.

O seu predecesor, Miquel Iceta, explicara que este grupo foi elixido posto que entre 2021 e 2022 só 6% das persoas maiores de 65 anos asistiu ao cinema, cando antes da pandemia de Covid-19 era “parte esencial” do público. En cambio, até 49% da poboación entre 20 e 24 anos fora como mínimo nunha ocasión ás salas de cinema.

Miguel de Lira, Touri e Fede Pérez.
star
Cinema

O carallo é dar sulfato

+Cuñados / Dirección: Luís Avilés / Galiza / 89 min.
Un fotograma de 'Lavadoiro', de Ana Amado e Lois Patiño.
CULTURA

O PlayDoc de Tui chega á súa vixésima edición

O festival internacional de cinema con sede en Tui, celebrará unha longa traxectoria que se destaca por presentar primeiras retrospectivas dedicadas a aclamados cineastas e directores de culto.
Escena de +Cuñados (Foto: +Cuñados).
CULTURA

'+Cuñados' foi a película máis vista na Galiza na súa estrea

O filme inicia a súa segunda semana manténdose en 31 cines da Galiza, récord absoluto dunha estrea comercial no noso país.

A directora Irene Pin durante a rodaxe da webserie 'Rent-a-pal' (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Irene Pin, directora: "Na webserie quería explorar as situacións que se dan nun negocio de aluguer de amizades"

Irene Pin (Lugo, 1995) obtivo o premio a Mellor Dirección no Carballo Interplay pola súa webserie 'Rent-a-pal', converténdose no primeiro proxecto galego da historia do festival en obter este galardón. Pin aborda o negocio do aluguer de amizades, a mercantilización das relacións e a creación dun produto audiovisual que xira arredor destas cuestións.
Federico Pérez, Miguel de Lira e Xosé A. Touriñán, o trío protagonista do filme.
star
CULTURA

'+Cuñados': o cinema galego á procura dunha comedia con ADN propio

O pasado día 19 estreouse +Cuñados, a secuela dun filme que logrou un grande éxito de público coa única pretensión de facer unha comedia de entretemento. Porén, son moitas as voces que viron aí a semente dunha comedia galega cunha personalidade propia. 
Organizadores e asistentes ao Conecta Lab 2024.
CULTURA

A illa de San Simón acolle a 2ª edición do Conecta Lab

Durante dez días nove cineastas e guionistas do audiovisual galego desfrutarán destas residencias artísticas recibindo formación e titorías personalizadas de recoñecidos profesionais do sector como Isaki Lacuesta, Rocio Mesa, Laura Ferrés, Jaione Camborda ou Chema García Ibarra.

Martín Romero co Goya recibido por 'To Bird or Not To Bird'.
CULTURA

'To Bird or Not To Bird', de Martín Romero, mellor curta no festival Skyline Benidorm

A película de Romero, unha mirada crítica do mundo contemporáneo desde a perspectiva das aves, foi a gañadora tamén do Premio Goya á Mellor Curtametraxe na última edición destes galardóns.
Fotograma de 'As Armas e o Povo' (1975). (Foto: Cinemateca Portuguesa)
star
Reportaxes

O cinema do país máis libre. Filmes para un tempo novo

O 25 de abril de 1974 puxo fin á podremia dos 48 anos de ditadura en Portugal. A Revolução dos Cravos abriu un tempo de liberdade e de esperanza nun país novo que rompese coas estruturas reaccionarias do "Deus, Pátria, Autoridade". O cinema recolleu con fervor militante e reflexión crítica os soños e os desencantos daquel período. A Filmoteca de Galicia programa en abril e maio algúns dos títulos máis valiosos.
Miguel de Lira,  Xosé A. Touriñán e Federico Pérez Rey no filme.
CULTURA

O filme '+ Cuñados' enche de humor desde hoxe os cinemas da Galiza

A longametraxe, secuela da exitosa ‘Cuñados’ (2021), protagonizada por Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey, estréase en 45 salas en todo o Estado

EuropaPress_2524922_fwd_jueves_31_1930_presentacion_coloquio_proyeccion_arde_presencia_director
CULTURA

O cinema galego presente durante esta fin de semana en Suíza

A cidade suíza de Delémont acolle desde esta cuarta feira o festival Autres Horizons, no cal se proxectarán oito filmes galegos
Lemos, á esquerda, co seu fillo Xavier no taller da súa casa en San Antonio de Padua, en Bos Aires, 1965.
star
CULTURA

Un documental sobre Ángel Lemos, recupera unha vida de película

O cineasta Xan Leira estrea hoxe, na Estrada, o documental Ángel Lemos. A paixón creativa, sobre un artista hoxe esquecido cunha vida case inverosímil que, en palabras do director, "merecería non só unha, senón vinte películas". 
 
Participantes en la I Residencia FICBUEU en Ons.
CULTURA

A segunda edición da Residencia FicBueu abre a súa convocatoria

O prazo de inscrición estará aberto desde o 15 de abril ao 15 de maio

Touriñán, Muíños e Pérez, esta sexta feira, en Compostela. (Foto: Europa Press)
CULTURA

O elenco do filme '+Cuñados' promete "máis gargalladas"

Touriñán, Pérez e Muíños levaron a secuela a Compostela
"Estírate bastón!".
star
Cinema

A lenda que inspirou Dragon Ball

'Un rei supermono' ('Shimmy: The First Monkey King') / Dirección: Dick Zondag e Ralph Zondag / China-EUA / 101 min.