star
Cinema | Premios Goya
Martín Romero e as aves contra o capitalismo: novo premio Goya para a animación galega
15/feb./24
Martín Romero, gañador do Goya á Mellor Curtametraxe de Animación co seu filme To Bird or Not to Bird, alterna a ilustración, a banda deseñada e o cinema de animación, creando unha obra versátil que, sen facer demasiado ruído, trata temas de actualidade que formulan preguntas sobre o nosos presente, sen renunciar a un humor negro que humaniza a súa crítica.