Jorge Prado, a recuperar o liderado ante o seu público

O galego chega como segundo do Mundial ao Gran Premio Galiza, que se disputará no circuíto lucense que leva o seu nome.
O galego Jorge Prado é segundo no Mundial. (Foto: Juan Pablo Acevedo).
photo_camera O galego Jorge Prado é segundo no Mundial. (Foto: Juan Pablo Acevedo).

O piloto galego Jorge Prado, vixente campión do mundo de motocross, encara esta fin de semana o Gran Premio da Galiza no circuíto que leva o seu nome e ante o seu público.

A meta do de Ramil nunha cita que se desenvolverá entre os días 11 e 12 de maio non será outra que recuperar un liderado que perdeu na última proba do Mundial, o sempre esixente Gran Premio de Portugal, onde só puido ser duodécimo tras caerse nos primeiros treitos de ambas as mangas, cedendo así o primeiro posto na xeral ao esloveno Tim Gajser, que conta con 252 puntos, polos 238 de prado.

Non obstante, a presenza dun home que aspira a ser profeta na súa terra non será o único atractivo do Gran Premio Galiza para os e as amantes do motocross, pois poderán seguir a máis dun cento de pilotos das categorías Elite-MX1, Elite-MX2, MX125 e WMX, que é exclusiva para mulleres.

Ademais, non todo será competición, pois o propio Prado ofrecerá mañá, ás 10 horas, unha palestra no salón de actos da Facultade de Humanidades de Lugo na que falará da súa experiencia competitiva; no aparcadoiro desde mesmo recinto académico instalarase un circuíto de minibikes; e, ademais, os pilotos máis destacados asinarán autógrafos no edificio multiusos da Xunta ás 18.30 da sexta feira, día 10 de maio. 

Comentarios