Pemex formalizou a adquisición do 51% das accións do estaleiro vigués Barreras, unha operación realizada pola filial PMI e na que o desembolso da paraestatal podería estar perto dos 10 millóns de euros.
Hijos de Barreras está a saír dun proceso de reestruturación da débeda, polo que esta achega de capital é moi importante. Segundo Pemex, con este acordo procúrase reactivar a industrai naval “en España” e permitir dese xeito “desenvolver as capacidades no mediano prazo para a construción de buques especializados en México”.
Desde Pemex destacan a importancia deste acordo polo que vai supoñer de creación de emprego en México e polo impulso ao sector navieiro mexicano.
Pola súa banda, desde om comité de empresa de Barreras consideran positiva a adquisición por Pemex polo que supón de contratos e carga de traballo.