O incendio declarouse onte, sexta, no Barco, entrou no concello lindeiro de Rubiá arredor das "dúas ou tres da tarde", segundo declaracións do alcalde deste municipio á axencia EFE: o lume está cercando vivendas, varias persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume, e un cento de habitantes desta aldea foron trasladados ao pavillón municipal. O lume avanza e é difícil de controlar polo vento que sopra na zona
O incendio iniciouse sobre a unha da tarde de onte na parroquia de Santigoso, e a extensión afectada até o momento achégase ás 1.000 hectáreas. Nos traballos de control e extinción participan 2 técnicos, 9 axentes forestais, 27 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros, 11 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencia (UME).