covid-19

A Audiencia abre a porta a xulgar as mortes en residencias de Madrid

Máis de 7.000 mortes durante a Covid-19.
Isabel Díaz Ayuso (centro), presidenta de Madrid, a segunda feira. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
photo_camera Isabel Díaz Ayuso (centro), presidenta de Madrid, a segunda feira. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)

Após rexeitar a Xustiza española múltiples querelas pola xestión das residencias de persoas maiores na Comunidade de Madrid durante a pandemia de Covid-19, a segunda feira transcendeu que a Audiencia Nacional admitiu por primeira vez un recurso para investigar o acontecido.

A apelación de dúas familiares dun falecido, que levou a que a Audiencia admitira a súa competencia no caso, produciuse logo de que en primeira instancia o tribunal as remitira ao Tribunal Superior de Xustiza de Madrid.

7.291 persoas morreron nas residencias da Comunidade, gobernada por Isabel Díaz Ayuso, do Partido Popular (PP), no contexto da pandemia, tras asinar o seu Executivo até catro versións dun protocolo que limitaba en base á situación física ou cognitiva o envío de doentes aos hospitais.

Ayuso chegou a afirmar que as persoas falecidas “non se salvaban en ningún sitio”. Non obstante, nas actas elaboradas polas forzas de seguridade ao ingresar nas residencias faise fincapé en que de terse derivado "os residentes ao hospital non habería tantos falecementos".

Comentarios