8-M

Irlanda decide en referendo se elimina as referencias sexistas da Constitución

Dobre referendo para modificar a Carta Magna.
Manifestación do 8-M o pasado ano en Dublín, a capital de Éire. (Foto: Brian Lawless / Pa Wire / DPA)
photo_camera Manifestación do 8-M o pasado ano en Dublín, a capital de Éire. (Foto: Brian Lawless / Pa Wire / DPA)

Máis de tres millóns de irlandesas e irlandeses están convocados esta sexta feira, coincidindo co Día Internacional das Mulleres Traballadoras, a un dobre referendo para aprobar ou rexeitar unha reforma constitucional impulsada polo Executivo insular, vinculada coas familias e coas citas machistas da Constitución de 1937.

Nese sentido, o Gabinete propuxo incluír “a prestación de coidados por parte dos membros dunha familia” como un “apoio sen o que non se pode lograr o ben común”, substituíndo a cláusula que subliña que “a muller proporciona ao Estado un apoio sen o que non se pode realizar o ben común”, polo que “se esforzará por garantir que as nais non se vexan obrigadas por necesidade económica a traballar en detrimento dos seus deberes no fogar”.

A outra pregunta propón ampliar a definición de familia para abranguer as persoas que manteñen “relacións duradeiras”, clarificando que a familia non ten que estar baseada no matrimonio. O primeiro ministro irlandés, Leo Varadkar, sinalou que o rexeitamento ás propostas sería un "paso atrás" para o país.

Comentarios