Islandia continúa á espera da posíbel erupción volcánica: máis de catrocentos novos terremotos esta madrugada

Se o magma sube á superficie, ameazará con causar danos graves á cidade de Grivandik

O volcán de Fagradalsfjall en Islandia o ano pasado (Foto: Mateusz / Adobe Stock).
photo_camera O volcán de Fagradalsfjall en Islandia o ano pasado (Foto: Mateusz / Adobe Stock).

As autoridades islandesas manteñen todas as alertas activadas ante unha posíbel erupción volcánica que ameaza a península de Reykjanes, con toda unha localidade evacuada e unha sucesión case constante de terremotos, aínda que a situación sismolóxica parece estabilizarse e ningunha alcanza magnitudes relevantes.

Na madrugada do domingo á segunda feira, os sismógrafos rexistraron máis de catrocentos novos terremotos, o maior cunha magnitude de 2,7 na escala de Richter, segundo a televisión pública RUV.

Islandia segue en estado de emerxencia e a axencia meteorolóxica sostén que a probabilidade dunha erupción segue sendo alta.

Os expertos supervisan un túnel de magma que se sae á superficie, ameazará con causar graves danos á cidade de Grivandik, que foi evacuada aos primeiros sinais de alerta.

O Goberno permite que os veciños accedan temporalmente á zona para recuperar bens e o alcalde, Fannar Jónasson, subliñou que todos os que quixeron volver alí, xa o fixeron.

As imaxes de satélite mostran algún levantamento na zona de Svartsengi, baixo o cal o magma fluiría a unha profundidade menor. Porén, non se prevé que a potencial corrente de lava chegue a esta zona, aínda que o magma estenderíase por uns quince quilómetros.

Comentarios