A lei de amnistía blindará os acusados de terrorismo pola Xustiza española

O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, remodela o Goberno.
Comisión de Xustiza no Congreso español, onte. (Foto: Congreso)
photo_camera Comisión de Xustiza no Congreso español, onte. (Foto: Congreso)

A Comisión de Xustiza do Congreso español aprobou hoxe o proxecto de lei orgánica de amnistía, que será debatido polo Pleno da Cámara Baixa a vindeira semana, un texto no que a mudanza principal foi a ampliación da amnistía a persoas condenadas por terrorismo se non houbo “intención directa” de causar “violacións graves dos dereitos humanos”, logo de que o documento orixinal excluíra só as acusacións de terrorismo con sentenza firme.

O cambio foi exixido por Junts e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) no contexto da ofensiva do sistema xudicial español, controlado polos conservadores, contra a norma.

Aínda que nun primeiro momento ese delito foi atribuído aos Comitès de Defensa de la República e a Tsunami Democràtic, o xuíz da Audiencia Nacional española Manuel García-Castellón, vinculado co Partido Popular (PP), imputou por terrorismo neste último caso o ex presidente catalán, Carles Puigdemont (Junts), e a secretaria xeral de ERC, Marta Rovira, cando se ultimaba o pacto das forzas catalás co PSOE para que Pedro Sánchez fora reelixido presidente a cambio da amnistía, entre outras cuestións.

Amais, o maxistrado modificou hoxe a resolución para o comezo do xuízo polo ‘Caso Kitchen’, pola conspiración do PP desde o Goberno español para roubar probas de corrupción na formación en mans do seu ex tesoureiro Luis Bárcenas, eliminando os delitos de secuestro e organización criminal.

Goberno catalán

O presidente catalán, Pere Aragonès, efectuou unha remodelación no seu Gabinete, coa conselleira Laura Vilagrà como nova vicepresidenta.

Comentarios