Salmorejo Partisano ou Mojito Fidel: estas serán as opcións da nova taberna de Pablo Iglesias

O ex líder de Podemos anuncia a súa nova taberna no barrio madrileño de Lavapiés, que levará Garibaldi por nome e abrirá o vindeiro 19 de marzo.
Pablo Iglesias (Foto: Rober Solsona / Europa Press).
photo_camera Pablo Iglesias (Foto: Rober Solsona / Europa Press).

“As tabernas son o último bastión da liberdade do proletariado”, dicía o filósofo Karl Kautsky, ‘O Renegado’, e esa foi a frase que escolleu o ex líder de Podemos para anunciar a súa nova taberna no barrio madrileño de Lavapiés, que levará Garibaldi por nome e abrirá o vindeiro 19 de marzo.

“Estamos impresionados coa atención mediática que xerou esta humilde taberna. A terza feira abrimos ao público. Boa bebida e comida, música, poesía e camaradería”, salientou o propio local de hostalaría, que xa conta coa súa propia conta en redes sociais.

“Agora enténdese por que Yolanda Díaz insistía na hora de fechamento da hostalaría en Madrid”, comentou con retranca a politóloga e xornalista Estefanía Molina, facendo alusión ao empeoramento das relacións entre a ministra e o ex líder de Podemos.

“O fundador de Podemos, Pablo Iglesias, está abrindo un bar en Lavapiés, en Madrid, a próxima semana, ao que chamou a taberna Garibaldi. Non aclarou canto está cobrando por un margarita Marcos, un mojito Fidel, un daiquiri Ché ou un negroni Gramsci”, comentou o xornalista británico Eoghan Gilmartin sobre os nomes das consumicións, que fan alusión a figuras relevantes dentro do socialismo internacional.

De feito, o propio nome do local que rexentará Pablo Iglesias a partir da próxima semana xunto a outros dous socios, Garibaldi, rende homenaxe á brigada homónima que loitou durante a Guerra Civil a prol do bando republicano.

Salmorejo Partisano ou Enchiladas Viva Zapata son algunhas dos pratos que se poderán atopar na carta da taberna Garibaldi, onde non falta unha sección de pratos vexetais que leva por nome ‘Non me chame Ternera’, en referencia a un recente documental sobre o ex membro de ETA, Josu Urrutikoetxea.

Comentarios