Un tribunal de Washington nega que Trump teña inmunidade

O ex mandatario foi acusado no Estado de catro delitos electorais.
O ex mandatario estadounidense Donald Trump nun acto electoral (Foto: Joshua Boucher / Europa Press / Contacto).
photo_camera O ex mandatario estadounidense Donald Trump nun acto electoral. (Foto: Joshua Boucher / Europa Press / Contacto)

O Tribunal de Apelacións de Washington, na capital estadounidense, sentenciou hoxe que o ex presidente entre 2017 e 2021, Donald Trump, non conta con inmunidade arredor dos actos durante o seu mandato, o que evitaría que fora xulgado polas súas actuacións para manterse no poder tras ser derrotado nos comicios de 2020 polo actual mandatario, Joe Biden, incluído polo golpe de Estado no lexislativo a comezos de 2021.

O seu equipo legal chegou a afirmar que Trump tería inmunidade até se ordenara a un comando militar asasinar un rival político. En Washington, o ex mandatario está imputado por catro delitos vinculados á tentativa de alterar os resultados electorais.

O veredicto pode ser recorrido antes de recaer no Supremo, que terá nas súas mans a decisión final. De feito, mañá está previsto que a corte analice a decisión da Xustiza de Colorado, que inhabilitou Trump como candidato nas primarias republicanas e nas votacións presidenciais no Estado, nunha sesión da que tamén depende que o republicano se poida presentar en Maine.

Comentarios