A Cámara dos Comúns de Canadá emitiu unha desculpa pública por convidar e ovacionar un veterano nazi.
"En particular, quero presentar as miñas máis sinceras desculpas ás comunidades xudías de Canadá e de todo o mundo", indicou nun comunicado o presidente da Cámara, Anthony Rota. "Acepto a plena responsabilidade dos meus actos", agregou.
En su viaje a Canadá Zelenski hablo ante el parlamento, donde también se hizo honores a Yaroslav Hunka, un hombre de 98 que "luchó por la independencia de Ucrania contra Rusia durante la Segunda Guerra Mundial". ¿Dónde luchó? pues en las Waffen SS-Galitzia con los nazis. pic.twitter.com/MfMLomYJtn
— Àngel Marrades (@VonKoutli) September 23, 2023
Aconteceu durante unha visita do presidente ucraíno, Vladimir Zelenski que, xunto co primeiro ministro de Canadá, Justin Trudeau, e centos de parlamentarios canadenses, ovacionaron un veterano da Segunda Guerra Mundial que, segundo Rota, "loitou pola independencia de Ucraína contra os rusos".
O home en cuestión é Yaroslav Hunka, de 98 anos, quen loitou na Primeira División Ucraína antes de emigrar máis tarde a Canadá. Ese grupo tamén é coñecido como a 14.ª división de Granaderos Waffen-SS ou División Galizien, formada maiormente por voluntarios ucraínos da rexión polaca de Galicia.
O presidente da Cámara asegurou que lamenta as súas accións, despois de coñecer "máis información" sobre Hunka, a quen definiu como "un heroe ucraíno e canadense".
Rota tamén destaca que ninguén, incluídos os seus colegas parlamentarios e a delegación ucraína, estaba ao tanto da súa intención ou dos seus comentarios antes de que os pronunciase. "A iniciativa foi enteiramente miña, xa que a persoa en cuestión é da miña circunscrición", comentou.
Críticas
Pola súa parte, a comunidade xudía Amigos do Centro Simon Wiesenthal de Estudos sobre o Holocausto confirmou nun comunicado que Hunka serviu nas Waffen-SS e criticaron ao Goberno canadense por convidalo.
"Débese unha desculpa a todos os sobreviventes do Holocausto e veteranos da Segunda Guerra Mundial que loitaron contra os nazis", reza o comunicado. "O feito de que un veterano que serviu nunha unidade militar nazi fose convidado e ovacionado no Parlamento é escandaloso", destacou.
"O Parlamento debe unha desculpa a todos os canadenses por esta ultraxe, e unha explicación detallada de como é posíbel que isto tivese lugar no centro da democracia canadense", declarou Michael Mostyn, director xeral de B'nai Brith, unha das organizacións xudías máis antigas.
Pola súa parte, o líder da oposición canadense, Pierre Poilievre, sinalou que o primeiro ministro tamén necesitaba "desculparse persoalmente" polo que chamou "un terríbel erro de xuízo". Segundo el, os parlamentarios non tiveron a oportunidade de investigar o pasado de Hunka, unha tarefa que debería ser manexada pola Oficina do Primeiro Ministro.
Nun comunicado, a Oficina de Trudeau recoñeceu as desculpas de Rota. "Foi o correcto. Non se avisou con antelación á Oficina do primeiro ministro, nin á delegación ucraína, sobre a invitación ou o recoñecemento", indica.