O tribunal de Slesvig-Holstein acepta a demanda do xuíz Pablo Llarena contra o expresident da Generalitat Carles Puigdemont mais só por un delito de malversación de fondos públicos. Rexeirta o tribunal o posíbel delito de rebelión que pedía Llarena por consideralo “inadmisíbel”.
A defensa de Puigdemont presentará un recurso contra a decisión do tribunal, que se alargou máis aló dos 90 días establecidos porque o maxistrado e4spañol continuaba enviando documentos.
A través das redes sociais, Puigdemont valorou a decisión da xustiza xermana: "Derrotamos a principal mentira sostida polo Estado. Negan que o referendo do 1 de outubro fose rebelión. Cada minuto que pasan os nosos compañeiros en prisión é un minuto de vergoña e xustiza. loitaremos até o final e galaremos!".