Defensa non semella polo labor de retirar os nomes e símbolos franquistas das instalacións que xestiona en Ferrol, o Arsenal Militar. Nos últimos anos multiplicáronse s peticións para que eliminase nomes como Marqués de Alborán, Crucero Baleares ou Almirante Fernández Martín por parte de colectivos de militares antifranquistas, oorganizacións políticas e sindicais ou ferroláns que foron presos políticos no franquismo.
Mais o Ministerio de Defensa non considera que eses nomes deban retirarse. Así o expón nunha resposta a unha pregunta formulada polo deputado de Eh Bildu Jon Iñarritu. o abertzale fixera unha pregunta ao Goberno español sobre se valoraba eliminar os nomes destas rúas, cumprindo así coa Lei de Memoria Histórica.
Na resposta, de hai unhas semanas, o ministerio de Defensa non se mostrou moi partidario do cambio de nome das rúas. Alegou que se revisaron “ os símbolos e nomes” e consideran que se manterán “xa que lembran membros da Armada ou buques con vinculación coa cidade de Ferrol”. En ningún momento, o Goberno incluíu na súa resposta a vinculación destes nomes co franquismo.
Preocupación
O pasado mes de decembro, 16 presos e presas políticas de Ferrol baixo a ditadura franquista remitiron unha carta á ministra de Defensa, Margarita Robles, na que instaban o Ministerio a que retire os símbolos franquistas que aínda perviven en instalacións da armada ferrolá.
Na carta indicabann que "o propio ministerio de Defensa promociona ou permite a apoloxía, exaltación ou enaltecemento do franquismo. En Galiza permanecen hoxe 23 símbolos franquistas en instalacións que dependen de Defensa e 13 están en Ferrol".