'O valor de gañarmos o futuro': Vía Galega lembrará os Mártires de Carral no 178 aniversario da Revolución Galega de 1846

A homenaxe terá lugar o día 27 de abril, ás 11:30 horas.
Placa co nome dos Mártires de Carral (Imaxe: Pepe do Couto).
photo_camera Placa co nome dos Mártires de Carral (Imaxe: Pepe do Couto).

Vía Galega conmemorará o 178 aniversario da Revolución Galega de 1846 cunha unha ofrenda floral aos "Mártires de Carral", diante do monumento aos "Mártires da liberdade" en Carral (comarca da Coruña) e un roteiro até o cemiterio de Paleo (neste municipio), onde repousan os seus corpos.

A homenaxe será o 27 de abril e comezará coa lectura por parte de Henrique del Rio, autor do manifesto O valor de gañarmos o futuro, elaborado para esta efeméride.

A continuación guiará o roteiro que sairá do monumento aos "Mártires da Liberdade", erixido pola Liga Galega da Coruña en 1904, para proseguir até a Capela do Socorro que serviu de cárcere improvisada para Miguel Solís e os seus homes. 

De seguido achegaranse ao lugar onde foron "xulgados", para despois ir até a Fraga do Rei, onde os fusilaron. Após, rematará o acto no cemiterio da igrexa de Paleo, onde están soterrados. Mediante este acto, Vía Galega, plataforma social en defensa dos dereitos nacionais da Galiza, quere lembrar "un dos acontecementos máis relevantes da historia galega". 

Mediante este acto, Vía Galega, plataforma social en defensa dos dereitos nacionais da Galiza, quere lembrar, no 178 aniversario da Revolución Galega de 1846, un dos acontecementos máis relevantes da nosa historia.

Foi unha revolta contra o Goberno conservador de Narváez e un modelo de Estado centralista na defensa dun trato xusto para o país. O pronunciamento militar e civil prendeu a partir do 2 de abril de 1846 en diferentes cidades galegas. 

 O 15 de abril constitúese a Xunta Superior do Goberno da Galiza, que funcionou como Goberno do país durante uns días e que pretendía recobrar a unidade territorial da Galiza, a cal, "convertida nunha verdadeira colonia da corte", a Xunta Superior aspiraba que tivese un papel diferente no Estado. Tamén procuraba un modelo social e político máis xusto coas clases populares. 

Ao tempo, procuraba un modelo social e político mais xusto coas clases populares. Aínda que se impuxo a represión e os combatentes revolucionarios foron derrotados, esta revolución -que rematou co fusilamento o 26 de abril en Carral de 11 oficiais e o exilio de, entre outros, de Antolín Faraldo- quedou gravada na memoria colectiva e as súas denuncias e propostas, foron percusoras do nacionalismo .

Vía Galega, no seu afán de recobrar a historia da Galiza, fai un chamamento a participar na homenaxe aos Mártires de Carral, pois como reza o manifesto impulsado este ano: "Non quixemos ser colonia da Corte daquela e non queremos ser colonia hoxe, non nos resignamos a ser enclave onde plantar, como estandarte de conquista, macroeólicos e macrocelulosas".

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios