O fiscal xeral do Estado, Eduardo Torres Dulce, deixará a criterio dos fiscais de catalunya a decisión de querelarse ou non pola organización da consulta do 9N. Malia a vaga de informacións que daban por segura unha querela contra Artur Mas e membros do Govern, a Fiscalía non deu o paso.
Torres Dulce reuniuse co fiscal superior de Catalunya e o seu número dous. Finalizado o encontro, un comunicado informaba sobre que o tema ficaba en mans da Fiscalía catalá. Algo que pode aumentar aínda máis o malestar interno do PP nos sectores máis duros, moi críticos coa xestión que se fai do 9N polo goberno español.
#autoinculpacions9N
Mentres, a campaña social de auto-inculpación polo 9N segue a medrar en Catalunya. Políticos da CUP, ERC, CiU, IC-V e mesmo PSC se sumaron a esta iniciativa, así como numerosos cidadáns a título individual.