Sesión de investidura

Besteiro pide a Rueda "ambición de país e diálogo" para "escoitar aos galegos" e "aproveitar as oportunidades"

"Que pasados catro anos vexamos que se aproveitaron as oportunidades", reitera o líder do PSdeG.
Alfonso Rueda e José Ramón Gómez Besterio, esta quinta feira, no Parlamento. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
photo_camera Alfonso Rueda e José Ramón Gómez Besterio, esta quinta feira, no Parlamento. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)

O portavoz parlamentario do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, desexou sorte este sábado ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e pediulle "ambición de país e diálogo" ante unha lexislatura na que espera que "aproveite as oportunidades".

En declaracións aos medios antes da toma de posesión que decorreu esta mesma mañá no parque santiagués de San Domingos de Bonaval, Besteiro manifestou que espera que esta lexislatura se caracterice "pola ambición e polo diálogo", así como "por aproveitar as oportunidades".

"Que pasados catro anos vexamos que se aproveitaron as oportunidades e que non foi unha lexislatura de oportunidades perdidas", afirmou o líder socialista.

Comentarios