Ciudadanos non se presentará as eleccións estatais do 23 de xullo

O partido si que acordou esperar presentarse ás eleccións europeas que terán lugar o vindeiro mes de xuño de 2024.
Inés Arrimadas, portavoz de Ciudadanos no Congreso (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)
photo_camera Inés Arrimadas, portavoz de Ciudadanos no Congreso (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press)

O partido Ciudadanos vén de decidir non presentarse ás eleccións estais do vindeiro 23 de xullo.

Así o decidiu o comité da formación após a súa reunión esta terza feira. Deste comité forman parte medio centenar de dirixentes do partido, unha dirección ampliada, entre os que se atopan Inés Arrimadas e Begoña Villacís.

De todos os modos, o partido si que acordou esperar presentarse ás eleccións europeas que terán lugar o vindeiro mes de xuño de 2024.

Eleccións europeas

“Non merece a pena gastar os recursos que nos quedan nunha batalla que temos perdida de antemán. A conxuntura política é moi tóxica para un partido moderado”, aseguran desde a dirección de Ciudadanos.

Porén indican que cos perto de 500 concelleiros obtidos o 28-M, o partido conta con osíxeno suficiente para aguantar até as eleccións europeas de 2024.

Fica por ver como se presentará a formación aos comicios para Bruxelas após a ‘refundación’ acometida nos últimos tempos.

Comentarios