Un Garda Civil atrincheirouse na madrugada desta terza feira durante horas nun piso de Vilagarcía de Arousa (O Salnés) cunha muller, á que dirixía ameazas.
Segundo fontes próximas á investigación, algúns veciños alertaron ás forzas de seguridade do que estaba a ocorrer ao escoitar as ameazas que profería o home que, segundo confirman, non posuía armas.
Tras varias horas de negociación para que o home saíse da vivenda, e mediante a intervención dos Grupos Operativos Especiais de Seguridade (GOES), o home acabou saíndo voluntariamente ao redor das 04 horas.
Agora mesmo atópase en dependencias policiais, detido.
Orde de afastamento
Ten unha orde de afastamento contra a súa ex parella, que non era a muller coa que se atrincheirou no piso.