A Facultade de Bioloxía da USC rexeita o proxecto de Altri para A Ulloa: “É lesivo para a conservación da biodiversidade”

O manifesto que cuestiona a pasteira foi aprobado por asentimento esta cuarta feira na Xunta de Facultade. Advirte que pór a celulosa no emprazamento previsto “sepultaría unha parte significativa da área máis relevante para a flora ameazada e protexida do afloramento serpentinítico, destruíndo de forma directa diversos núcleos das catro especies protexidas endémicas estritas, así como varios hábitats de interese prioritario para a Unión Europea”.

'Santonila melidensis', mostra da flora única da serra do Careón. (Foto: Nós Diario).
photo_camera 'Santonila melidensis', mostra da flora única da serra do Careón. (Foto: Nós Diario).
Comentarios