Sanidade pública

A Galiza só ten 129 ambulancias para cubrir 313 concellos: "Hai zonas nas que a xente está nas mans de Deus"

Un total de 129 ambulancias prestan o servizo do 061 na Galiza, cunha taxa de cobertura por mil habitantes de 4,8%, lonxe da ratio de 6,5 da media estatal. Estas cifras do Ministerio de Sanidade colocan Galiza como o cuarto territorio no Estado español cunha peor cobertura deste servizo sanitario básico, só por diante de Madrid, Illes Balears, Ceuta e Melilla. As sete áreas sanitarias nas que a Consellaría de Sanidade ten dividido o país (e os 14 distritos sanitarios) non poden ser atendidos por este servizo "nin de lonxe", segundo destacan os técnicos sanitarios, que advirten da existencia de “zonas de sombra” que non dan abarcado.
Ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado medicalizadas (SVA), persoal de ambulancias de Santiago, protesta de persoal en Pontevedra a finais do ano pasado e ambulancia asistencial de soporte vital básico (SVB). [Fotos: Nós Diario]
photo_camera Ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado medicalizadas (SVA), persoal de ambulancias de Santiago, protesta de persoal en Pontevedra a finais do ano pasado e ambulancia asistencial de soporte vital básico (SVB). [Fotos: Nós Diario]
Comentarios