O terrorismo machista deixou máis unha asasinada este sábado na Galiza. Unha muller de Ourense foi estrangulada na súa morada polo que fora o seu compañeiro.
A policía non atribuíu o asasinato á violencia machista até a auto-inculpación do home embora existise unha orde de afastamento por malos tratos
O home pasou xa a disposición xudicial após declarar que era o culpábel da morte de F.M.S --de nacionalidade portuguesa. "Estranguleina", asi recoñeceu F.S perante as autoridades policiais que asasinara á muller na noite da pasada sexta feira.
F.S contaba cunha orde de afastamento desde o pasado mes de agosto após propinarlle unha paliza que a levou ao hospital e pola que tivo que recibir atención médica.
Embora inicialmente as investigacións policiais aseguraran que se trataba dunha morte natural --malia existiren antecedentes de malos tratos e memos unha orde de afastamento-- non foi até a auto-inculpación do home cando a policía e a xustiza detectaron que se trataba de máis un asasinato de violencia machista.
No que vai de ano, e segundo os dados rexistrados, foron asasinadas medio cento de mulleres.