Un home de 74 anos faleceu esta segunda feira como consecuencia do accidente dun tractor en Neda (Ferrolterra). Neste mesmo sinistro outra persoa, de 43 anos, resultou ferida e foi evacuada ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, segundo trasladaron fontes do 061.
O sinistro tivo lugar sobre as 13.52 horas de hoxe, cando a central de Urxencias Sanitarias-061 recibiu a alerta polo accidente deste tractor.
Até o lugar desprazáronse unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado do 061, que atendeu as dúas persoas afectadas; unha delas, que responde as iniciais de J.P.H., falecido no punto. O outro ferido, de 43 anos e que responde as iniciais de R.P.R., foi evacuado ao hospital.