'Nós Diario' culmina a xira do número 1.000

Máis 1.000 asistentes asistiron á vintena de actos públicos cos que Nós Diario conmemorou os seus 1.000 números no mes de novembro. A directora do xornal, María Obelleiro, amosou esta sexta feira en Ribadavia, onde se puxo o ramo á campaña, a súa satisfacción ante un público "que nos sorprendeu polo seu entusiasmo e apoio, o cal nos traslada moitísima forza".
María Obelleiro, Xosé Lois 'O Carrabouxo', Ramón Seoane e Roberto Pascual, esta sexta feira en Ribadavia.
photo_camera María Obelleiro, Xosé Lois 'O Carrabouxo', Ramón Seoane e Roberto Pascual, esta sexta feira en Ribadavia.
Comentarios