Sermos Galiza

Xurxo Souto co seu novo libro (Foto: Nós Diario).
star
Libros

A (necesaria) unión da música e da poesía

reigosa
star
Reportaxes

Brancaflor, Xoán Soldado e outros nomes propios nos contos galegos de tradición oral

A onomástica asociada ao conto folclórico forma parte intrínseca do noso patrimonio cultural inmaterial. Os contos que contamos son resultado dunha demorada decantación de diversas tradicións orais e literarias con ecos das súas orixes e pegadas das diferentes culturas coas que estiveron en contacto. Os nomes propios de protagonistas e lugares onde suceden forman parte da súa portentosa bagaxe.
Bruno Carvalho
star
Entrevistas

Bruno Carvalho: xornalismo e guerra

Durante oito meses, o xornalista portugués Bruno Amaral de Carvalho (Lisboa, 1982) estivo informando sobre a guerra en Ucraína desde o Donbás, converténdose en varias fases do conflito no único correspondente de guerra occidental nesa área, desde a que asinou unha vintena de crónicas para Nós Diario, entre outros medios de comunicación, que tamén se reflicten no libro A guerra a leste: 8 meses no Donbass (Caminho), que presentará o 9 de maio en Vigo, o 10 en Compostela e o 11 na Coruña.
Roscas fóra do forno
star
Reportaxes

O pan galego, os segredos da masa do país

Edu Lavandeira mestura na súa recente obra Pan galego (Xerais) a súa paixón pola gastronomía coa súa carreira audiovisual e comunicativa, ofrecendo a través do seu libro todo un mundo de coñecementos sobre o pan do noso país. O propio autor, despois de ter viaxado por moitos países do planeta, considera o pan galego como "o mellor do mundo" polo seu sabor, textura e humidade, sendo este "un pan especial", tanto pola cantidade de auga presente na súa masa como pola súa laboriosa elaboración.
sermos-web
CULTURA

O correspondente Bruno Carvalho, a historia da Galiza a través do pan e a actualidade da tradición oral protagonizan o ‘Sermos Galiza’

Novo número do semanario, á venda este sábado 4 de maio por 3,20 euros xunto ao xornal 'Nós Diario'

nos1105capaprova
CULTURA

Luísa Villalta protagoniza o especial 'Sermos Galiza' do 11 de maio

Recolle fotografías, textos e unha carta inédita
Anxo Angueira ingresou na RAG nun acto celebrado nun ateigado Auditorio Municipal de Padrón. (Foto: RAG).
CULTURA

Anxo Angueira: "Serei un soldado máis en defensa do proxecto da Academia"

Entrevistamos o último académico da lingua galega.
Ilustraçom comemorativa do 100 aniversario das Escolas de Ensino Galego (Foto: Leandro Lamas).
star
Reportaxes

Escolas Semente vindicam o acervo educativo irmandinho no cem aniversário da Escola de Ensino Galego

O dia 23 de abril de 2024 figérom-se cem anos da instituiçom da Escola de Ensino Galego por parte das Irmandades da Fala. Um projeto educativo popular, curricularmente autocentrado, multilíngue e pedagogicamente vanguardista. A sua luz secularizadora e humanística atravessou a escuridom da ditadura primorriverista chegando aos nossos dias para alumiar o horizonte da Escola Nacional Galega.  
Xabier Díaz. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Xabier Díaz: O froito do sementado

É un artista xa consagrado despois de tantos anos na escena galega, onde comezou case na adolescencia. Xabier Díaz (A Coruña 1969), publicou recentemente o seu cuarto disco, Axúdame a sentir, coas Adufeiras de Salitre, un grupo de mulleres coas que xa leva dez anos e un ronsel de actuacións sempre ateigadas dun público fiel. Antes estiveron as experiencias en Rumbadeira, Berrogüetto, aCadaCanto ou Nova Galega de Danza, unha traxectoria que sementou parte da explosión diversa e colectiva da música tradicional galega de hoxe.
Ampliación do Centro de Saúde da Laracha, en Bergantiños (Foto: Héctor Santos-Díez).
star
Reportaxes

Ezcurra e Ouzande: Nas puntas dos pés

Cando o espazo a intervir ten valor histórico, unha actitude posíbel é a de ser sutís e discretos. O estudio de arquitectura Ezcurra e Ouzande ten demostrado gran sensibilidade na rehabilitación.  Traballando con sixilo, sen facer ruído, como quen anda nas puntas dos pés. Conxugan a actualización dos edificios co mantemento da súa atmosfera orixinal. Nas obras novas apostan pola innovación conxugada coa sustentabilidade.  
star
Cociña

Viaxe ás Indias

Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

Xabier Díaz, as Escolas Semente e a rehabilitación arquitectónica protagonizan o 'Sermos Galiza'

Novo número do semanario, á venda este sábado 13 de abril por 3,20 euros xunto ao xornal 'Nós Diario'
Veciñanza de Lisboa nun carro de combate, o 25 de abril de 1974, durante a Revolución dos Caraveis (Foto: S. G.).
star
Reportaxes

Radio e exilio: As quintas feiras no Norte día a día falamos "para os nosos amigos da Galiza"

Radio e exilio. Un medio pobre nun non-lugar, o exilio. Unha organización pobre, a Unión do Pobo Galego, UPG, situada na liña de sombra onde non chega o vento. Un país pobre, con imaxe de pobre, coma todo país de emigración, e con fragmentos de resistencia, coma restos cos que construír a súa existencia, a súa escolla, a súa intervención na historia en devalo. 
O Coronel António Delgado da Fonseca na entrevista no Porto (Foto: B. C.).
star
Entrevistas

Coronel António Delgado da Fonseca: "A revolução foi uma epopeia extraordinária"

Há 50 anos, o Coronel António Delgado da Fonseca recebeu a missão da sua vida: liderar as membros do Movimento das Forças Armadas (MFA) que partiram de Lamego, no norte de Portugal, com a missão de derrubar o regime fascista na cidade do Porto no dia 25 de abril de 1974.
Exposição "50 passos para a Liberdade: Portugal, da Ditadura ao 25 de Abril", desenvolvida pela Comissão Comemorativa 50 anos 25 de Abril (Foto: S. G.).
star
Reportaxes

A revolução morreu, viva a revolução

A cada nova data redonda, à medida que a revolução vai ficando mais distante, a pergunta torna-se quase inevitável: que vestígio permanece, no Portugal de hoje, daquela longa madrugada em que as armas se viraram ao contrário, ou daqueles vertiginosos meses, durante os quais o poder pareceu ter caído na rua? 
O líder de Chega, André Ventura, o pasado 10 de marzo (Europa Press / Contacto / Paulo Spranger / Global Imagen).
star
Reportaxes

Prevê-se vida curta para novo Governo português: a nova legislatura

Um verdadeiro terremoto político. As legislativas em Portugal abalaram os alicerces eleitorais. A Aliança Democrática conseguiu uma vitória pírrica mas quem aproveitou a queda do Partido Socialista foi a extrema-direita com 50 deputados.
"Festival dos Pobos Ibéricos", decorrido na Coruña en Agosto de 1978. De esquerda a dereita: Joxean e Jesus Artze (Euskal Herria), José Afonso (Portugal), Marina Rossell (Catalunya), Xico de Carinho (Galiza), Bibiano (Galiza) e Enrique Morente (Andalucía). (Foto: Arquivo do autor)
star
Reportaxes

O canto de intervenção na Revolução dos Cravos e a presenza de José Afonso na Galiza

Na madrugada do 25 de abril do 74, cando os militares do MFA, capitáns na súa maioría, escoitaron no radio o Grândola de José Afonso, sinal indicativo de que todo ía segundo o planificado, botáronse á rúa para dar cabo da ditadura salazarista. Nese intre eu atopábame en Barcelona  e as noticias que nos ían chegando causaron unha forte conmoción, por sorpresivas e esperanzadoras. 
Fotograma de 'As Armas e o Povo' (1975). (Foto: Cinemateca Portuguesa)
star
Reportaxes

O cinema do país máis libre. Filmes para un tempo novo

O 25 de abril de 1974 puxo fin á podremia dos 48 anos de ditadura en Portugal. A Revolução dos Cravos abriu un tempo de liberdade e de esperanza nun país novo que rompese coas estruturas reaccionarias do "Deus, Pátria, Autoridade". O cinema recolleu con fervor militante e reflexión crítica os soños e os desencantos daquel período. A Filmoteca de Galicia programa en abril e maio algúns dos títulos máis valiosos.
Un momento do ensaio xeral da obra teatral 'Castelao e a súa época', en 1969 en Coimbra. (Foto: CD25A-UC_Fundo Carlos Valente)
star
Reportaxes

A fronteira invisíbel: Galiza e Portugal seguen tendo dificultades para crear un espazo cultural común

As culturas galega e portuguesa operaron conxuntamente en moitas ocasións nas batallas contra as súas respectivas ditaduras. A chegada das democracias facía presaxiar unha maior colaboración entre ambas beiras do Miño, mais a realidade non resultou de todo como se esperaba. A comunidade creadora é partidaria dunha cooperación que enfatice os vínculos lingüísticos e culturais, mais as institucións non parecen moi interesadas en manter unha política continuada que apoie ese achegamento. 
Os cravos tornaram-se um símbolo de resistência após a Revolução de 25 de Abril. (Foto: C. Freitas)
star
Reportaxes

Evocação

José Viale Moutinho é um jornalista e escritor português