Opinión

Catro anos con Nós

[Alberte Mera]

Un día como o de onte, hai catro anos, comezaba Nós Diario a súa andaina. O 2 de xaneiro de 2020 saía do prelo o número 1 deste xornal, inaugurándose este medio que vostede está a ler. Sermos Galiza S.A. editaba así un xornal diario que volvía pór o galego nos quisoques, nas rúas, nas escolas, nas casas, nos bares e en centos de lugares máis. Nós Diario puña fin así á ausencia de diarios impresos en galego e desde hai catro anos continua a ser o único diario en papel en galego. Si, segue a selo malia os vetos e exclusións da Xunta da Galiza ás subvencións e axudas públicas á prensa en papel. Nós Diario pon a lingua na prensa como corresponde a unha lingua de primeira, prestixiando o galego con toda a profesionalidade coa que o equipo que conforma este medio traballa. 

Os temas, como desde o número 1 do día 2 de xaneiro de 2020 son aqueles que principalmente non atopará na gran maioría de medios. O entramado económico detrás de decisións contrarias para Galiza, as ligazóns de poder co capital e a destrución da industria ou do medio natural, a denuncia do patriarcado e o tratamento informativo con lentes lilás son sinais de identidade. Catro anos non son nada, pero son máis de 1.000 números con vós e grazas a vós, lectoras e lectores de Nós

Comentarios